A viceportavoz popular Marta Nóvoa criticou que “o Goberno central continúa a ser incapaz de adoptar un paquete de medidas que realmente permitan á industria española contar cun prezo eléctrico competitivo e estable”
Santiago, 14 de setembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que manteña un diálogo aberto coas comunidades autónomas para identificar as medidas necesarias que permitan a viabilidade da industria electrointensiva, tomando como exemplo os plans autorizados pola Comisión Europea a outros estados membros. Así mesmo, pídese avanzar na tramitación do PERTE anunciado para a descarbonización da industria electrointensiva, ao tempo que explora mecanismos de colaboración análogos ao asinado con ArcelorMittal coa fin de apoiar o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao.
A viceportavoz do Grupo Popular, Marta Nóvoa, cualificou de “inasumible” a crise enerxética que vive España motivada, fundamentalmente, pola incongruencia do Goberno de Pedro Sánchez e as súas decisións improvisadas”. “A decisión de cortar as axudas a través do mecanismo de interrumpibilidade provocou que empresas como Alcoa ou Ferroglobe anunciasen o seu peche ou a súa parada de produción”.
“A realidade é que o Goberno central continúa a ser incapaz de adoptar un paquete de medidas que realmente permitan á industria española contar cun prezo eléctrico competitivo e estable”, lamentou a viceportavoz popular, quen apuntou que esta situación “está a poñer en serio risco de deslocalización ás nosas industrias, porque compiten en inferioridade de condicións que as empresas do seu mesmo tipo noutros países europeos”.
Marta Nóvoa afirmou que esta deslocalización empresarial “estase a incentivar pola falta de novas sobre o PERTE para a industria electrointensiva anunciado polo Goberno de Pedro Sánchez en febreiro deste ano, ademais da falta de mecanismos para poder establecer contratos bilaterais que poidan abaratar o prezo enerxético ou calquera outra iniciativa para que estas empresas poidan competir en igualdade de condicións con outros territorios”.
FALTA DE INTERESE DO GOBERNO CENTRAL
A viceportavoz popular criticou que “suprimiron o mecanismo de interrumpibilidade cando chegaron ao Goberno hai catro anos sen ter unha alternativa, e cando este sistema estaba e segue estando en vigor en países da nosa contorna como Alemaña, Francia, Italia ou Portugal”.
Neste sentido, saudou a rectificación adoptada polo Goberno central hai sete días anunciando que ían volver implantar este mecanismo, “outra medida demandada ata a saciedade polo Partido Popular, a Xunta e o propio Parlamento galego”.
“A falta de interese coa que está actuando o Goberno de España contrasta coa recente autorización pola Comisión Europea aos plans de axudas presentados por outros estados membros da UE, como Alemaña, Holanda ou Finlandia, en favor de empresas de gran consumo enerxético”, sinalou Nóvoa. A modo de exemplo, esta autorización permitiu a Alemaña aprobar un plan de axudas para o período 2021-2030 de 27.500 millóns de euros coa fin de compensar o 75 por cento dos custos indirectos de emisión incorridos en favor de empresas en sectores con risco de fuga de carbono, importe que se suma aos 5.000 millóns de euros aprobados no mes de xullo ao abeiro de Marco Temporal de Crise.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



