No PP piden partidas con fins claramente identificados, para mellorar a transparencia, moi escasa na Deputación, e coñecer a que se van dedicar os cartos
Lugo, 15 de setembro de 2022. Chega o momento no que as diferentes administracións públicas teñen que elaborar, debater e aprobar, se é o caso, os seus orzamentos para o exercizo 2023. No caso da Deputación de Lugo, o portavoz popular, Javier Castiñeira, anuncia que o seu grupo quere participar na elaboración do plan económico para o próximo ano e destaca que “a Deputación de Lugo disporá de máis cartos que nunca para elaborar os orzamentos do ano 2023”. Os deputados populares ofreceron esta mañá unha rolda de prensa diante da Deputación.
O portavoz popular explicou: “Neste caso, e segundo as previsións que ten a Federación de Municipios e Provincias, poderíase incrementar a participación nos tributos do Estado, é dicir os cartos que recibirá a Deputación de Lugo polos impostos que pagan todos os lucenses, ao redor dun 5% máis que o ano pasado. Se temos en conta que esa cantidade no exercizo pasado foi de arredor de 90 millóns de euros, pois moi probablemente se poida dispoñer de entre 4 e 5 millóns de euros máis para os orzamentos do 2023. Poderiamos falar dun orzamento provincial aproximado aos 104 millóns de euros, que é unha cantidade moi importante. Por iso o PP fai no día de hoxe un ofrecemento por escrito para participar na elaboración deses orzamentos”.
Castiñeira sinalou que o plan económico para o próximo ano é moi importante: “Por un lado, porque son os orzamentos da transición: remata a lexislatura e comeza outra nova, probablemente haxa un cambio de goberno, e, polo tanto, haberá dous gobernos que terán que xestionar este orzamento. Por iso queremos participar activamente. Tamén pola importancia do momento. Os concellos, especialmente os máis pequenos, están vivindo un momento moi complexo, cun alto custo para prestar servizos básicos e precisan da axuda da Deputación de Lugo (que non ten que prestalos), porque se ven moi afectados polo alto custo da enerxía. Falamos por exemplo do alumeado público, do saneamento, da potabilización e da recollida de lixo”.
Os populares queren “que o reparto sexa obxectivo e vaia directamente ás arcas dos concellos para suplementar eses sobrecustos que teñen debido á alta inflación”. No PP intentan “que haxa partidas específicas e claras, porque, como é sabido, en todas as anualidades o goberno da Deputación de Lugo é pouco claro, pouco transparente, porque utiliza partidas xenéricas que ao final van destinadas a diferentes convenios con alcaldes da mesma cor política”.
Castiñeira indica: “Este é un ano electoral e non queremos que se faga electoralismo, como fixeron sempre os gobernos bipartitos da Deputación de Lugo; tememos que o vai intentar facer de novo o presidente Tomé”. Os populares pretenden “velar polos intereses de todos os lucenses e participar; por iso hoxe presentamos por escrito o noso ofrecemento e para non ter que saber dos orzamentos, como pasou o ano pasado, no Parlamento de Galicia”.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



