Lugo, 10 de outubro de 2022. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, mostrouse satisfeita polo descenso da criminalidade no Concello de Mondoñedo, tal e como indican as estatísticas da Garda Civil. Así, explicou que os datos amosan unha tendencia positiva ao reducirse un 51,6% o número de delitos que se produciron no municipio, pasando de 31 infraccións penais no 2019, ano prepandemia, a 16 no 2021. Actualmente, a taxa de criminalidade do municipio é dun 7,76% por mil habitantes, sendo moi inferior á media da provincia e de Galicia.
Rodríguez avanzou que o ano 2021 foi un gran ano en materia de seguridade no concello de Mondoñedo, pois tamén descenderon os delitos leves nun 54% ao pasar de 13 a 6, entre eles os delitos contra as persoas, o patrimonio e a seguridade colectiva.
A subdelegada deu conta da evolución da criminalidade en Mondoñedo na Xunta Local de Seguridade, que copresidiron Isabel Rodríguez, e o alcalde, Manuel Otero, na Casa do Concello e na que tamén participaron representantes da Garda Civil, Subsector de Tráfico, Policía Autonómica e Policía Local.
Violencia de xénero
A subdelegada do Goberno tamén fixo referencia á situación da violencia de xénero neste concello e informou de que entre os meses de xaneiro e agosto deste ano rexistrouse en Mondoñedo 2 denuncias por violencia machista. Esta cifra supón un aumento con respecto ao ano pasado no que houbo 1. Isabel Rodríguez advertiu da importancia de non baixar a garda pola gravidade e a magnitude desta lacra que atenta contra a liberdade e a igualdade entre homes e mulleres. Ademais, destacou que nos tres últimos anos non se produciu ningunha denuncia por quebrantamento.
Seguridade escolar
Isabel Rodríguez fixo referencia tamén ao labor da Garda Civil en materia de seguridade escolar. Neste sentido, detallou que no curso 2020/2021 a Garda Civil impartiu 6 charlas sobre acoso escolar, riscos en Internet e novas tecnoloxías, ciberseguridade e adicción aos videoxogos destinadas ao CEIP Plurilingüe Álvaro Cunqueiro. En canto ao Plan Maior de Seguridade, logo do paréntese aberto pola crise sanitaria, este ano puido celebrarse unha charla no centro sociocultural de Mondoñedo.
Festas das San Lucas
A Xunta Local de Seguridade tamén analizou o dispositivo que se organizará para velar pola seguridade das persoas que se congregarán no municipio con motivo da celebración das tradicionais festas das San Lucas, que este ano se celebran dende o 14 ao 20 de outubro. “Dende o Goberno colaboramos co Concello achegando as forzas de seguridade do Estado para que Mondoñedo conte coas máximas garantías de seguridade nas festas”, informou Rodríguez.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



