Dende o 9 do mes que andamos rexe a prohibición de pesca na Unión Europea (UE) para as artes de fondo (arrastre e artes fixas) entre os 400 e os 800 mts de profundidade en 87 zonas do Atlántico pertencentes ás Repúblicas de Irlanda, Portugal e Francia e ao Estado español. Zonas que supoñen o 17% da plataforma continental atlántica, polo que o impacto na rebaixa substancial das capturas vai ser moi potente.
Esta prohibición deriva dun Regulamento de execución aprobado pola Comisión Europea o 15 de setembro (regulamento que, xa que logo, non permite veto ningún do Estado nin está suxeito a regla de maioría ningunha), previsto nun Regulamento lexislativo de 2016 aprobado polo Cosnsello de Ministros e o Parlamento europeo. O Regulamento de execución ía ser xa aprobado no 2018 mais demorouse até de agora. O seu principal antecedente é un informe técnico de 2017 (alicerzado en dados do 2011) do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES).
É dicir, a Comisión Europea está a se basear en dados de hai 11 anos para adoptar unha decisión. Mais tamén adoptou unha fórmula de execución moito máis rigorosa ca as propostas polo ICES, que excluían da prohibición ao palangre de fondo, por se tratar dunha arte fixa e selectiva, de moi limitado impacto ambiental. E velaí, precisamente, o cerne da cuestión para a frota galega (uns 210 barcos entre os que faenan no Gran Sole e nos caladoiros galegos, dos que 69 teñen a súa base nos portos de Burela e Celeiro, na Mariña). Porque o grande impacto económico quie imos sofrir concéntrase no uso desta arte de tan limitado impacto ambiental. É dicir, sofrimos un grave dano económico (3.000 empregos directos e uns 18.000 indirectos) e social sen xustificación ecolóxica ningunha ou, polo menos, abonda. Do que non se enterou a decepcionante Greenpeace por non ler nin escoitar ás nosas Adega e FEG. Velaí a forza gráfica da eurodeputada Ana Miranda (BNG) amosando na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo un aparello desta arte sostíbel, para ilustrar do seu limitado impacto ambiental.
Do dito tírase : i) o Regulamento de execución era agardado, mais nunca nos termos que se aprobou para o palangre, ii) a única solución arestora é a xudicial, que o Estado recorra perante o Tribunal de Xustiza da UE reclamando directamente a nulidade parcial do Regulamento e pedindo axiña como medida cautelar a súa suspensión desta normativa, baseándose tanto na propia falla de vixencia dos dados como dos termos favorábeis para o palangre do informe de 2017 do ICES e iii) a moi limitada importancia que o complexo mar industria ten para o Estado- e case nula para a UE-fronte á moi fulcral importancia que ten para a economía galega.

















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



