Subindo á Cruz de Ferro (de Fierro, din os lugareños) dende Molinaseca, coincidín con tres ciclistas de retorno á súa casa, despois de recuncar en Santiago. Os catro nos atopamos, de fronte, cunha morea de persoas que ían en sentido contrario. Só tres, mais eu, de volta. Os tres asinaron, a modo de cruño e testemuña, un bocexo que fixen da pedreira cumiada coa cruz conmemorativa. Un deles era galés, e deixou coa sinatura a pegada da súa lingua, esbozando un amplo sorriso cando mo explicou e eu lle retruquei que era galego. Unha fraternidade pasaxeira no cumio do camiño francés a Santiago (ou mellor, no retorno de Santigo polo camiño francés).
Ese punto, neste caso de unión e intercambio, marca tamén outras diversas fronteiras. Bierzo e Maragatería sería a que quizáis sae máis nos papeis e é tamén máis coñecida en Galicia. Pero hai outras, con ou sen relación co camiño de Santiago ou coas comarcas, que non son menos simbólicas. Simbólicas porque non hai sinal ou marca física, que moitas veces é a menos importante.
Unha delas é o límite entre as augas do sistema do Douro e do Miño – Sil. A auga escorre un pouco máis aló para Porto, un pouco acó para os pés de santa Tegra polo Sil e logo polo Miño, producindo enerxía que en parte volverá a exportarse máis aló dese límite, á “meseta”.
O nome en si é outra fronteira. Cruz de ferro, pon na capela sufragada polo Centro Galego de Ponferrada. Cruz de fierro, en algún cartel e en arcaísmo conservado en terras leonesas, contrastando co castelán “Cruz de hierro”.
Pode considerarse ese contraste a antesala doutro: na subida dende o Bierzo aínda se pode ver o “Bierzo Provincia” escrito en diversos lugares, mentres despois, na outra ladeira, comeza a parecer unha raia nos carteis que indican “Castilla y León”, querendo suprimir a Castela e deixando só a León. Unha diferencia ben indicativa dun pensamento de pertenza.
O cambio de inclinación das pendentes é outra marca de paso da talladura do Sil á (ó meu ver) mal chamada “meseta” ou “submeseta norte”. Unha diferenza que se acusa a ollo nu, pero máis subindo en bicicleta.
E poderiamos continuar. Por exemplo, co réxime de chuvias…
Así, non pode considerarse a Cruz de ferro un punto ao menos tan simbólico como o Cebreiro? Non?


















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



