Ribadeo, 1 de outubro de 2022. Exposicións, teatro, música ou Cultura nas Parroquias son algunhas das propostas da axenda do Concello de Ribadeo para o último trimestre do ano, que foi presentada por Pilar Otero, concelleira de Cultura. A programación arrinca hoxe no auditorio municipal e segue mañá, domingo, no Campo de San Francisco.
A edil ribadense dixo: “queremos comezar esta presentación da axenda trimestral coas artes plásticas, indicando que temos dúas mostras, unha do pintor Félix Bravo, na sala de exposicións do Campo e a outra de pirogravados, na sala de Turismo, do noso veciño Antonio Martínez”.
Pilar Otero explicou que “hoxe, sábado, comeza unha nova edición do programa Platea, en colaboración do Concello co Ministerio de Cultura. Trátase dun total de cinco espectáculos, repartidos ao longo do trimestre, e contamos que gocen coma en anos anteriores do favor do público. Como novidade este ano, como xa se difundiu hai semanas, existe a posibilidade de adquirir un bono para que saia máis a prezo asistir ás cinco funcións. Comeza entón hoxe sábado, 1 de outubro, o programa Platea coa obra Viva la Pepa!, no auditorio municipal Hernán naval ás 20.00 horas. Unha fantástica comedia protagonizada por Pepa Rus, coa que de seguro disfrutaremos os setenta e cinco minutos de monólogo no escenario. As outras propostas, das que xa se irá facendo difusión, serán 337 km, Malditas plumas, La coartada e Oceanía. E mañá, domingo, comeza a programación para público familiar, englobado na súa maioría no programa Apego, para crianzas de ata sete anos. O domingo pola tarde, en principio no Campo de San Francisco, imos ter a Títeres Cachirulo coa obra Don Gaiferos e o dragón, incluído no ciclo A Compostela polas rutas xacobeas”.
A concelleira de Cultura seguiu a relatar que “tamén ao abeiro do Xacobeo solicitamos unha obra para bebés, dúas sesións da función Zapatos, de Caramuxo Teatro, que se van facer na sala Apego da Casa do Viejo Pancho e para as que vai ser preciso anotarse. Unha das obras que fixo historia no teatro infantil foi Golulá, da compañía Galitoon. Fan unha xira por Galiza no mes de outubro e tamén van estar en Ribadeo. Cunha temática arredor da igualdade Trécola Teatro ofrecerá para as crianzas a obra Gaela, nunha proposta do teatro profesional da provincia de Lugo e que provén da área de Vicepresidencia da Deputación de Lugo. En xaneiro, á parte da esperada cabalgata organizada pola Asociación de Amigos da Cabalgata de Ribadeo, temos outra fantástica proposta teatral para os máis pícaros. Nada máis e nada menos que un traballo conxunto do Centro Dramático Galego e Sarabela Teatro. Non perdades o día 2 de xaneiro coa vosa familia a peza Asemblea xeral”.
Otero Cabarcos sinalou que “sempre falamos da importancia das asociacións. Xa nomeamos a encargada da Cabalgata dos Reis Magos, e nestes meses outras asociacións ofrécennos eventos nos que participar. A Tribo da Travesía en Rinlo promove un obradoiro de bailes de diferentes culturas. Hai que anotarse mais non hai que ter coñecementos previos de baile. A sesión leva o nome de O Mundo Baila en Rinlo. A Asociación Cultural Francisco Lanza recunca nas súas clases de portugués e galego despois da boa aceptación da etapa de antes do verán”.
A edil nacionalista contou que “hai sitio tamén nesta axenda para grandes e queridos artistas locais. Ofrecerán un concerto en outubro o grupo Corazones Jóvenes e outro en decembro Betty Singh. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrece os seus tradicionais concertos de Santa Cilla e de Aquí como en Viena e a Coral Polifónica de Ribadeo encárgase un ano máis de organizar o Festival de Panxoliñas. E falando de música, podemos adiantar xa que antes de rematar o ano terá lugar a VIII edición do festival de Jazz&Blues de Ribadeo, do que daremos conta nas vindeiras semanas”.
A concelleira de Cultura subliñou que “a programación cultural como ven sendo habitual esténdese ás aldeas. O ciclo Cultura nas Parroquias leva desta volta propostas a Piñeira, onde a Coral Polifónica de Ribadeo ofrece un concerto este domingo; a Cedofeita, coa actuación do grupo de teatro Axóuxeres de Foz; e continúan todos os luns as sesións de música e teatro con Argadelo, en Vilaselán e As Anzas. Outras parroquias terán propostas tamén moi interesantes despois de xaneiro”.
Pilar Otero engadiu: “xa nomeamos unha peza de teatro afeccionado. Imos ter catro propostas máis, unha delas collida ao abeiro do ciclo de teatro afeccionado da Vicepresidencia Primeira da Deputación e que vén da man do Grupo de Teatro da Biblioteca de Antas de Ulla. E as outras tres forman a programación da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que chega este ano á súa XIX edición. A través tamén do programa Xacobeo ofrecemos a función teatral para público adulto que reúne catro nomes de muller de prestixio no teatro galego. As alumnas está protagonizada por Mónica Caamaño e Anabel Gago, nun texto de Paula Carballeira e baixo a dirección de Fina Calleja”.
Otero Cabarcos indicou que “sempre procuramos no noso deseño cultural que a danza teña o seu oco. Desta vez, a compañía Kirenia Danza ofrécenos a obra Instante gradual. Planeámola para exterior, un domingo á hora do vermú. Esperemos que o tempo acompañe. E rematamos o ano coa actuación dunha magnífica formación canaria, Lajalada”.
A concelleira de Cultura agarda que a programación sexa do gusto da veciñanza: “como sempre pretendemos que a nosa programación sexa unha opción de lecer que ofrece diversión e calidade ao mesmo tempo. Agardamos que a disfrutedes”.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



