Foz, 3 de outubro de 2022. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, visitou hoxe, luns, o IES de Foz co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e con varios concelleiros do goberno, ante o inicio inminente das obras que permitirán a substitución de ventás e mellora da iluminación -entre outros traballos- dos edificios A e B, os máis antigos do centro. As obras, de algo máis de 1,2 millóns de euros, son financiadas con cargo á Unión Europea en 988.000 euros, sendo os restantes 247.000 aportados pola Xunta de Galicia con fondos propios.
Pendente de publicar a adxudicación definitiva, o rexedor municipal pide colaboración á empresa que resulte do proceso de contratación “para programar os traballos de xeito que interfiran o mínimo posible coa actividade académica do centro, xa que se van levar a cabo durante o curso académico”. Son unhas obras que Fran Cajoto cualifica de “moi necesarias. Estamos colaborando coa Consellería en distintos ámbitos: no educativo pedímoslle sensibilidade ao conselleiro co CEIP Fondo Nois, que ten máis de 50 de anos e que sen encontra en mal estado. Hoxe mesmo estamos a substituír un canlón de desaugue que se encontraba en moi mal estado, polo risco que supón para os cativos. Ten a mesma idade que o CEIP nº1 pero nunca foi reformado e cada vez é máis urxente actuar nel. Outros dos plantexamentos que se achegaron desde o Concello é o acondicionamento dunha área de estacionamento e parada de autobús dentro dos propios terreos do instituto para mellorar a seguridade e a comodidade do transporte. Hai problemas de xestión que queremos solucionar e agardamos tamén un aumento de prórroga para a construción da pista multideporte do Cantel, xa que o prazo que deu a Consellería está a resultar un problema para todos os concellos que optamos á convocatoria. Cremos que a única forma de progresar é a colaboración leal entre administracións”.
Fóra do ámbito educativo, na carteira de Cultura, que tamén corresponde ao conselleiro Román Rodríguez, o alcalde recordou unha débeda histórica da Xunta de Galicia co Concello de Foz: “somos o segundo concello da Mariña e seguimos sen un auditorio para poder facilitar a programación cultural que merecen ás nosas veciñas e veciños. Concellos de menos de 5.000 habitantes dispoñen del e Foz supera amplamente os 10.000. Pedímoslle ao conselleiro que non se esqueza de Foz”.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



