Convócase tamén un minuto de silencio ás 12:00 horas, ante a Casa do Concello; unha usuaria da asoc. Saúde Mental lerá un manifesto escrito por unha vítima de violencia de xénero e o alumnado do CEIP de Cervo interpretará un tema en lingua de signos
Cervo, 22 de novembro de 2021. O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, en colaboración coa asociación Mulleres en Igualdade de Cervo (CERMEI), coa asoc. Saúde Mental A Mariña e co CEIP de Cervo, programa diferentes actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.
Así, ese mesmo venres 25, ás 11:00 horas está prevista unha andaina que partirá da unidade residencial da asoc. Saúde Mental A Mariña, á que se incorporará o alumnado do CEIP de Cervo, e que rematará na Casa do Concello onde unha usuaria da asoc. Saúde Mental lerá un manifesto escrito por unha muller vítima de violencia de xénero. A continuación gardarase un minuto de silencio.
Como actividade complementaria o propio CEIP de Cervo interpretará un tema en linguaxe de signos dedicado a todas as vítimas da violencia de xénero.
Xa pola tarde, ás 18:30 horas, a presidenta de Mulleres en Igualdade Provincial Lugo-Cervo, Adelina Fernández, procederá a descubrir un banco morado que quedará instalado na Prazoleta da Casa da Cultura, e que ela mesma acondicionou en memoria de todas as mulleres vítimas desta lacra.
A continuación, ás 19:00 horas están previstas dúas representacións teatrais no auditorio a cargo da asoc. Saúde Mental A Mariña baixo o título “teatro contra el bulllyng: eres único” e do grupo de teatro Ardora “vítimas da desigualdade”.
A maiores, durante esta semana iluminaranse de morado os diferentes edificios públicos, cor que simboliza a loita contra a violencia cara as mulleres.
Desde o Concello de Cervo convidan a sumarse ás diferentes iniciativas programadas e que nacen da colaboración entre diferentes colectivos do municipio que comparten un mesmo obxectivo de rexeitar radicalmente a violencia machista.


























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



