Anteriormente, os Concellos de Viveiro e Sarria traballaron cos materiais da maleta que continuará a súa viaxe en CIM, asociacións de mulleres vítimas de violencia de xénero, así como servizos municipais que a soliciten
Lugo, 28 de decembro de 2022. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou esta mañá que o proxecto “MAVI: a Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero” permanecerá un mes nos Centros Penitenciarios de Bonxe e Monterroso para que as persoas internas traballen con libros de diferentes temáticas relacionadas co feminismo, a igualdade, o empoderamento, a autoestima ou a violencia machista. “É un paso máis no camiño cara a erradicación do machismo e de todas as formas de violencia contra as mulleres”, subliñou Rodríguez.
A subdelegada, acompañada dos directores dos Centros de Bonxe, José Manuel Pernás, e o de Monterroso, Félix Rodríguez, e da responsable da Unidade contra a Violencia de Xénero, Mª Luisa Castro, explicou que se tratan de textos que promoven a reflexión, o cuestionamento, a sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero, fomentando a educación en dereitos, igualdade e liberdades na sociedade.
Deste xeito, Isabel Rodríguez puxo en valor esta iniciativa da Subdelegación que se aliña cos proxectos e actividades que desenvolven os internos e internas nos centros penitenciarios e que teñen como fin a reeducación e reinserción da poboación penitenciaria, “que é o medio para chegar ao obxectivo de acadar a integración na sociedade das máis de 400 persoas que hoxe están internas nos centros de Bonxe e Monterroso”, engadiu.
Neste aspecto, a subdelegada agradeceu ao persoal de Institucións Penitenciarias o seu compromiso e profesionalidade para ofrecer formación aos homes e mulleres que están internas e evitar, deste xeito, a reincidencia en condutas machistas. “Con MAVI imos facilitar ás persoas internas ferramentas necesarias para facer fronte á violencia machista, un reto social que nos incumbe a todas e todos, pois é moi importante que as persoas que cometeron actos delituosos relacionados con calquera tipo de violencia machista poidan ampliar a súa mirada e modificar as súas aptitudes e actitudes para non repetilas”, destacou Rodríguez.
Nesta liña, a subdelegada avanzou que coas dúas maletas dos Centros Penitenciarios xa son 3 as que percorren a provincia. Anteriormente, os Concellos de Viveiro e Sarria traballaron cos materiais da maleta que continuará a súa viaxe en centros de información á muller, asociacións de mulleres vítimas de violencia de xénero, así como servizos municipais que a soliciten. Nesta primeira etapa, cada maleta conta con doce libro infantís, xuvenís e para adultos.
Entre os títulos que gardan as maletas dos C.P. de Bonxe e Monterroso destacan “Desarmar la masculinidad”, de Beatriz Ranea; “La mujer del porvenir”, de Concepción Arenal; “Infamia”, de Ledicia Costas; “El lunes nos querrán”, de Najat el Hachmi, “La revuelta de las putas”, de Amelia Tiganus; “La tierra de las Mujeres”, de Sandra Barneda; “El futuro es femenino: Cuentos para que juntas cambiemos el mundo”, VVAA; “Lola Vendetta. Una habitación propia con wifi”, de Raquel Riba; “Matriarcas. Mulleres en pé de vida”, de Montse Fajardo; “A mi no me iba a pasar”, de Laura Freixas; “Invisibles: Relatos del maltrato”, de Montse Fajardo; ou “Feminismo para principiantes”, de Nuria Varela e Antonia Santolaya, entre outros.
Ademais, a maleta contén un diario de viaxe no que as persoas reclusas que participen no proxecto poden escribir e compartir as súas reflexións sobre as lecturas.


















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



