José Manuel Balseiro considerou necesario adecualos ás circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira
Compostela, 13 de decembro de 2022. O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro demandou hoxe no Parlamento galego ao Goberno central a modificar a lexislación vixente para proceder á revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar, adecuando os mesmos ás circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola.
Balseiro lembrou que “o Parlamento galego xa aprobou en tres ocasións iniciativas que solicitan que os gardacostas de Galicia poidan acollerse ao réxime especial do mar, que poidan beneficiarse de coeficientes redutores e que se reduza a idade mínima a partir da que poderán solicitar a súa xubilación e recibir a pensión á que teñen dereito”.
PORTAZO DO GOBERNO DE PEDRO SÁNCHEZ
“Porén, as demandas dos gardacostas de Galicia reciben, unha e outra vez, un portazo do Goberno de Pedro Sánchez”, lamentou o deputado popular, quen concretou que “o problema é que o PSOE non quere cambiar a lei que permitiría aos gardacostas xubilarse antes”.
Neste sentido, insistiu que “hai que cambiar a lei e reformar o sistema de coeficientes e actualizalo, adaptándoo á realidade actual da pesca”. “A única solución posible é facer unha revisión completa do sistema de coeficientes e adecualo a todas as casuísticas que afectan aos profesionais do mar”, engadiu.

















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



