“Resulta sorprendente que en pleno século XXI, a Xunta siga obrigando a resolver de xeito presencial a tramitación deste certificado e que ademais o centralice na capital da provincia, obrigando ós gandeiros e a todos aqueles que o solicitan a desprazarse”
Lugo, 26 de decembro de 2022. O PSdeG demanda á Xunta axilizar a tramitación administrativa para obter o Certificado Dixital, e poder concorrer así a subvencións e tramitar expedientes coas diferentes administracións. Tras escoitar as queixas das gandeiras e gandeiros lucenses, o Grupo Provincial do PSdeG na Deputación de Lugo reclamará á Xunta no vindeiro Pleno, a través dunha moción, reformas na tramitación deste documento.
Concretamente, a través desta proposta, demandan ó Goberno autonómico “dotar do persoal necesario ó Rexistro da Delegación de Lugo para garantir que se atenden todas as citas concedidas para obter o Certificado Dixital, e que tome as medidas precisas para descentralizar a realización deste trámite, estudando coa Deputación e os concellos fórmulas que eviten os desprazamentos ou os reduzan considerablemente”.
Ademais, na iniciativa rexistrada o PSdeG insta á Xunta “a mellorar a cobertura de liña telefónica e internet para avanzar no camiño de facilitar o acceso á administración por vía telefónica e dixital ós veciños do rural lucense”.
Os gandeiros lucenses fixéronse eco destas trabas
Dende o PSdeG sinalan que os gandeiros da provincia de Lugo “denunciaron publicamente as dificultades que están a atopar para tramitar a obtención do Certificado Dixital no Rexistro da Xunta en Lugo, debido á carencia de persoal”. Advirten de que moitos dos gandeiros que acudiron “non foron atendidos a pesares de contar cunha cita concertada previamente, o que supuxo un desprazamento de balde, coa consecuente perda de tempo e o gasto derivado do mesmo”.
“Resulta sorprendente que en pleno século XXI, a Xunta siga obrigando a resolver de xeito presencial a tramitación deste certificado, e que ademais o centralice na capital da provincia, obrigando ós gandeiros e a todos aqueles que o solicitan a desprazarse, nun modelo de atención ó cidadán que parece propio do século XIX”, aseguran os socialistas.
Imprescindible para optar a axudas
O PSdeG lembra que contar co Certificado Dixital é imprescindible para poder optar ás axudas do Kit Dixital que concede o Ministerio de Agricultura. Como as axudas se conceden por orde de presentación, a incapacidade e falta de previsión da Xunta pode privar ós gandeiros lucenses do acceso ás mesmas.
“Dende o Grupo Socialista da Deputación de Lugo vimos denunciando a perda de servizos públicos no rural, e a creación por parte da Xunta dun modelo de dúas velocidades, que amplía a fenda entre o rural e o urbano en lugares de reducila”, aseguran. “A idea de que os veciños e veciñas do rural teñan que acudir á capital a poñer unha vacina ou a facer un trámite administrativo é incompatible co desenvolvemento de Lugo, e supón un agravio para a poboación do rural, que ve como os seus dereitos constitucionais como cidadáns se ven atendidos cun modelo de inferior calidade ós dos veciño e veciñas das cidades”.


















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



