Isabel Rodríguez expresou a súa satisfacción por reforzar o persoal cunha profesional experimentada “para ofrecer un servizo eficaz”, converténdose na primeira muller á fronte da Comisaría da Policía Nacional de Viveiro
Lugo, 11 de xaneiro de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, deulle hoxe a benvida á nova inspectora xefa da Comisaría de Viveiro, María Begoña Caínzos Piñeiro, e pediulle o máximo compromiso na protección da cidadanía para manter e mellorar as baixas taxas de criminalidade na comarca da Mariña. Na súa visita á subdelegada, María Begoña Caínzos estivo acompañada polo comisario principal xefe provincial, José María Esteban.
Isabel Rodríguez felicitouse pola chegada á Comisaría de Viveiro da nova inspectora xefa e expresou a súa satisfacción porque refórzase o persoal de mando cunha profesional experimentada “para ofrecer un servizo eficaz”. Así mesmo, desexoulle os maiores éxitos á fronte da Comisaría viveirense “porque repercutirán na seguridade e benestar dos veciños e veciñas”.
A subdelegada aproveitou para salientar que María Begoña Caínzos convértese na primeira muller que asume oficialmente o mando da Comisaría da Policía Nacional de Viveiro, substituíndo ao inspector Jesús María Seco, que fixo un gran labor durante o tempo que desempeñou a responsabilidade.
Destacada traxectoria profesional
A nova inspectora xefa é natural da Coruña. Ingresou no Corpo Nacional de Policía no ano 2005. É licenciada en Dereito e en Ciencias Políticas, cun máster en Políticas Públicas de Seguridade e Defensa, e ascendeu a inspectora xefa en 2020.
Antes de asumir a xefatura da Comisaría de Viveiro estaba destinada, desde 2020, na Comisaría Sant Adrià de Besòs, en Barcelona. Con anterioridade, formou parte da Xefatura Superior de Policía de Canarias, en distintos grupos de investigación en organismos centrais de Madrid e Xefatura Superior de Galicia, ata facerse cargo dun grupo da Unidade de Intervención Policial en Pamplona.
A súa traxectoria profesional foi recoñecida en 3 ocasións ao mérito policial con distintivo branco, ademais de posuír máis de 40 felicitacións públicas pola súa labor en importantes servizos e operativos policiais.




















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



