O candidato popular di que “hai que cambiar tamén a maneira de xestionar, para pasar do modelo de parálise e ineficacia do goberno actual, ao modelo do PP, ao modelo que tan bo resultado lle deu a Barreiros durante anos, que é o modelo da eficacia”
Barreiros, 28 de xaneiro de 2023. O portavoz do PP en Barreiros, José Manuel Gómez Puente (1967), será o candidato popular á alcaldía deste municipio nas próximas eleccións locais, segundo se deu a coñecer no transcurso dun acto celebrado no restaurante La Yenka, ao que asistiu o coordinador do PP lucense, o mariñán José Manuel Balseiro; o deputado mariñán no Congreso Jaime De Olano; deputados do Grupo Provincial; alcaldes, portavoces e representantes do PP dos concellos da comarca, afiliados e veciños, entre outros.
Gómez Puente asume este reto “con moita ilusión, con moita responsabilidade e con moita humildade”, e o desexo de devolver Barreiros á senda dos avances conseguidos durante os anos en que gobernou o Partido Popular. “Escoita activa e vontade de dar participación” son dous dos principios que rexerán o traballo de Gómez Puente.
O candidato popular á alcaldía de Barreiros marca dende o principio liñas que o separan radicalmente do que foi o modo de proceder do goberno local nacionalista durante o actual mandato. Sinala: “Por un lado, quero acabar co sectarismo aplicado dende o Concello nestes últimos catro anos, quero poñer fin a ese modo de actuar con respecto aos veciños baseado na cor política”. Engade: “E quero cambiar tamén a maneira de xestionar, para pasar do modelo de parálise e ineficacia do goberno actual, ao modelo do PP, ao modelo que tan bo resultado lle deu a Barreiros durante anos, que é o modelo da eficacia”.
Gómez Puente sinala que o Concello de Barreiros ten que ampliar os servizos sociais que se ofrecen aos veciños, que son -di- practicamente os mesmos que deixou en marcha o PP.
O candidato tamén destaca que “Barreiros ten no turismo unha fonte primordial de xeración de riqueza e nestes catro últimos anos nada se fixo para favorecelo, senón todo o contrario”. Cita así a falta de socorristas, o feito de que está pechada a praia de San Bartolo, e que na de Altar o paseo está en moi malas condicións. “Hai que traballar con eficacia, cos propios recursos e buscando noutras administracións, para crear as condicións que favorezan que Barreiros sexa cada ano máis atractivo para o turismo”. Di que é hora de conseguir que os principais accesos ás praias conten con beirarrúas o, noutro caso, con sendas peonís.
En materia de infraestruturas, Gómez Puente considera que é fundamental conseguir a depuradora de San Miguel, porque, entre outras cousas, sen ela a praia de Arealonga seguirá estando pechada ao baño nunha parte.
Dende a dirección provincial do PP, o coordinador xeral e portavoz, José Manuel Balseiro, sinala: “O Partido Popular quere recuperar a alcaldía de Barreiros, un municipio no que gobernou moito tempo e no que o actual goberno non chegou a coallar”. Dende a dirección provincial popular sinálase que “nestes catro anos houbo unha falta de xestión total e absoluta; cambiouse a xestión pola política de pancarta”. Os responsables provinciais do PP din que “agora os veciños teñen a oportunidade de comparar que se fixo nestes catro anos, que é nada, co que se fixo durante os anos que gobernou o PP”. Nesta liña resaltan que “todas as obras importantes en Barreiros fíxoas o Partido Popular, ben directamente dende o Concello ben dende a Xunta de Galicia”.
A dirección provincial do PP resume así a xestión do actual goberno de Barreiros: “Non foi nin capaz de manter o que lle deixaron feito”.

















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



