Ribadeo, 12 de xaneiro de 2023. O Concello realiza obras nos camiños das parroquias neste inicio de 2023. En total o investimento ascende a 700.000 euros, que son financiados a través do Plan Único da Deputación e con fondos propios municipais. Ata Cedofeita e Pastoriza se desprazaron nas últimas horas os concelleiros de Economía, Obras e Medio Rural, Pablo Vizoso, Mónica Freire e Marcos Villamil.
O edil de Medio Rural contou que “empezamos o ano traballando nas parroquias do noso concello coa mesma intensidade coa que rematamos o 2023. Nestes días estamos procedendo a mellorar e modernizar unha serie de camiños municipais en todas as parroquias”.
Marcos Villamil subliñou que “estámolo facendo a través do Plan Único que levamos a cabo conxuntamente o Concello de Ribadeo e mais a Deputación de Lugo. Para iso fixemos un enorme esforzo económico, ao igual que o estivemos facendo nestes anos para ir transformando e mellorando todas as nosas parroquias, tanto as da costa como as do Interior”.
O concelleiro ribadense lembrou que “a finais do 2022 estivemos en varios barrios de Covelas e da Devesa. E agora a principios deste ano estaremos nos barrios e parroquias de Vilausende, Cedofeita, Couxela, Ove, Vilaframil, Arante, As Anzas, Remourelle, Piñeira e Vilaselán. Só con este Plan Único xa estamos a investir uns 700.000 euros que se veñen sumar a cifras parecidas que levamos investido nestes anos, o que nos dá unha enorme satisfacción o feito de ver como están cambiando para ben os accesos aos nosos núcleos rurais”.
Villamil engadiu: “e sabendo como non, que temos un concello moi grande e aínda quedan moitos sitios por chegar, pero estamos no camiño para facelo, e sempre contando coas opinións do movemento asociativo veciñal”.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



