Os tres desfiles, de Cervo, San Cibrao e San Román, son os pratos fortes nunha semana chea de actividades
Cervo, 8 de Febreiro de 2023. O Concello de Cervo xa ten todo a punto para celebrar un entroido por todo o alto, con actividades e festa para todos os públicos que xirarán en torno aos tres desfiles que se celebrarán en Cervo, en San Cibrao e en San Román de Vilaestrofe.
A tenente alcalde, Dolores García Caramés e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a programación xunto cos representantes das Asociacións Airiños do Xunco, a asociación Mulleres Rurais As Espalladoras e da asociación de montes veciñais de San Román e da asociación de veciños de Vilastrofe, colectivos, estes últimos que se encargan da organización dos entroidos de Cervo e de San Román, respectivamente.
Os actos de Entroido comezarán o sábado 18 en Cervo, cunha actuación infantil na carpa instalada na praza do Souto para dar paso ao prato forte, co Desfile de Entroido que terá lugar o domingo 19 de Febreiro. O punto de encontro será o CEIP de Cervo, e as inscricións estarán a disposición dos participantes de 17h a 18h alí mesmo de onde sairá o desfile ata a carpa instalada na Praza do Souto onde se fará a entrega dos premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas, que recibirán figuras de cerámica de Sargadelos e cestas con produtos típicos de Entroido; a continuación discomóbil Conxuro, poñerá os acordes á festa.
As comparsas, que deberán estar integradas por máis de 8 persoas, e que se anoten antes do sábado 18 de febreiro, recibirán unha cesta de produtos típicos de entroido.
Para máis información e para inscribirse no desfile os/as interesados/as poden chamar aos teléfonos 617 31 32 07 (Rafa) ou 627 30 93 54 (Sandra).
O luns 20 celebrarase a Festa Infantil de Entroido organizada polo Concello de Cervo na carpa instalada na Praza dos Campos a partir das 17:30H.
O martes 21 terá lugar o desfile de Entroido de San Cibrao a partir das 18H con saída da carpa instalada na Praza dos Campos e amenizado por unha charanga. Haberá 2.280€ en premios aos mellores disfraces e comparsas. Ao remate do desfile amenizará un grupo de música.
As persoas interesadas en participar no desfile poderán anotarse na Casa da Cultura de San Cibrao, chamando ao 982.59.51.57, en horario de mañá e ata o venres 17 de Febreiro incluído; e recibirán vales de consumición nos establecementos hostaleiros locais e bolos preñados.
Aceptaranse inscricións ata o luns 20 na Casa da Cultura pola mañá; e ese mesmo día na Praza dos Campos, dende as 16:00 ata as 17:30 horas; pero sen dereito a vales. Os participantes que desexen anotarse a partir das 17:30 horas do día do Desfile quedarán excluídos do concurso, pero poderán participar igualmente na marcha. Os premios entregaranse na Praza dos Campos ás 21:30 horas; e todos os/as gañadores/as terán que recollelo co disfrace posto.
O sábado 25 péchase a semana de Entroido no Concello de Cervo co Desfile de Entroido de San Román organizado pola Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras, a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe e a asociación de montes veciñais. Será a partir das 22:00H no Pavillón de San Román de Villaestrofe e estará amenizado polo Grupo Unión y Fuerza e por discomóbil Conxuro. Repartiranse máis de 1.500 euros en premios aos mellores disfraces e o teléfono para formalzar a inscrición é o 656.272.802.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



