A subdelegada valorou o respaldo dado por máis do 73% do persoal de Alcoa á sinatura do novo acordo negociado coa empresa para garantir o re-arraque da produción de aluminio
Lugo, 3 de febreiro de 2023. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, celebrou o acordo maioritario dos traballadores de Alcoa á proposta presentada pola multinacional para garantir o re-arraque da produción de aluminio. Isabel Rodríguez valorou o respaldo dado por máis do 73% do persoal de Alcoa á sinatura do novo acordo negociado coa empresa e puxo en valor o papel do Goberno de España “sempre apoiando e defendendo os intereses dos traballadores para conseguir un resultado positivo e garantir, deste xeito, o futuro industrial e da comarca da Mariña”.
“Este novo acordo do persoal de Alcoa é a liña que nos permite seguir traballando polo futuro da Mariña porque protexe o emprego e os investimentos necesarios para lograr a viabilidade da pranta”, subliñou Isabel Rodríguez.
Así mesmo, a subdelegada lembrou que desde o inicio desta crise en Alcoa, o Ministerio de Industria traballou activamente para impulsar unha solución que manteña as capacidades produtivas na comarca da Mariña, intermediando coa Xunta, coa empresa, cos traballadores e con outros ministerios implicados na tramitación de permisos para novos parques eólicos que fornecerán enerxía a Alcoa, o que supuxo a recente aprobación das declaracións de impacto ambiental (DIA). “E seguiremos na mesma liña de traballo, reactivando a industria galega e a comarca da Mariña con investimentos millonarios”, engadiu.
Durante os últimos meses, o Ministerio celebrou reunións da mesa de seguimento dos acordos onde demostrou o seu interese en manter todos os postos de traballo, mesmo das empresas auxiliares e da parte de alúmina.
Por último, Isabel Rodríguez avanzou que o Ministerio de Industria manterá a comisión de seguimento e estará atento a que se cumpran as garantías do acordo.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



