A esta cantidade hai que sumar outros 12,3M€ da segunda liña do programa coa que se desenvolverán actuacións que beneficiarán ás 67 localidades
Lugo, 22 de febreiro de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou hoxe o impacto do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno na provincia cun investimento de 22,5 millóns de euros, a través do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión (UNICO), para dotar de extensión de banda ancha ultrarrápida a 84.500 vivendas e empresas dos 67 concellos da provincia, “co obxectivo de conectar a Lugo co mundo como medio para fixar poboación, a creación e mantemento do postos de traballo e o avance fronte ao reto demográfico”.
Isabel Rodríguez reuniuse esta mañá na Subdelegación coas responsables de Telefónica en Galicia, Paula Rodríguez e Patricia Rodiño, para coñecer a marcha dos traballos que desenvolve esta empresa para o despregamento da fibra óptica na provincia de Lugo con cargo a este plan estatal.
A subdelegada informou de que o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital avanza no obxectivo de proporcionar conectividade ao rural da provincia coa primeira convocatoria de axudas do Programa UNICO-Banda Ancha, adxudicada a Telefónica, que dedica 10,2 millóns de euros para financiar proxectos en 64 concellos da provincia de Lugo. A esta cantidade hai que sumar outros 12,3 millóns da segunda liña do programa UNICO-Banda Ancha, adxudicada na provincia de Lugo á empresa Adamo Telecom, coa que desenvolverá actuacións que beneficiarán aos 67 municipios lucenses.
Coa primeira convocatoria deste programa, a empresa Telefónica xa fixo todos os traballos de enxeñaría e deseño, e agora mesmo está a executar a fibra óptica nos concellos da provincia para chegar a máis de 10.300 zonas, onde se localizan 45.500 vivendas e empresas. “Con estas novas implantacións na provincia, vaise completando a universalización do acceso ás telecomunicacións de nova xeración en todo o territorio”, remarcou Isabel Rodríguez quen engadiu que este Plan “é tamén un exemplo de colaboración entre o sector público e o privado, xa que a execución dos proxectos realízana empresas do sector das telecomunicacións”.
A subdelegada lembrou que este programa de axudas parte da aposta do Goberno de Pedro Sánchez por levar a banda ancha a toda a provincia. “Imos chegar a máis de 25.000 zonas sen cobertura dos 67 concellos da provincia para que os veciños e veciñas conten cun servizo fundamental”, subliñou Isabel Rodríguez. Ademais, puxo en valor esta iniciativa estatal “que responde a unha demanda da cidadanía, sobre todo da xente que vive no rural, á que garantimos conexión a Internet de alta velocidade, dentro da liña de traballo do Goberno de loitar contra o despoboamento”.
Deste xeito, as dúas convocatorias do Programa UNICO permitirá, con fondos do Plan de Recuperación, a dotación de banda ancha de polo menos 100 megas a practicamente todo o territorio. O obxectivo é que en 2025, ano en que finaliza o Plan, o 100% dos municipios, non só da provincia, senón de toda Galicia, dispoñan de conexión de banda ancha.


















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



