José Manuel Balseiro salientou que a Xunta xa prioriza unha alternativa: a mellora da estrada da Gañidoira
Compostela, 21 de febreiro de 2023. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia que “será necesario un cambio de goberno en Viveiro para que a alcaldesa deixe de bloquear a variante e a Xunta poida construíla”. “Mentres ese bloqueo persista, a Xunta ten marcada unha prioridade alternativa: a mellora da estrada da Gañidoira, que suporá un investimento de 13,4 millóns de euros e mellorará a conexión da cidade do Landro con Lugo e con Ferrol”, apuntou.
Balseiro avogou polo “consenso” para executar a variante de Viveiro, pero lamentou que a actual alcaldesa “rexeitou desde 2010 ata oito propostas para esa variante”. “Os socialistas bloquean esta obra por razóns políticas”, lamentou o portavoz popular, quen lembrou que “hai cinco anos que a Xunta presentou unha nova alternativa a través da ponte desde Celeiro a Escourido, que evitaría o polémico paso por Magazos”.
“Aos socialistas non lle importan nada as infraestruturas da Mariña, Ferrolterra e Ortegal”, dixo Balseiro, que afirmou que “Pedro Sánchez desconecta á Mariña, Lugo e a Galicia enteira”.
VALENTES E SINCEROS
O portavoz popular manifestou que “hai que ser valentes e sinceros cos cidadáns e recoñecer que todas as administracións e todos os partidos teñen responsabilidade na carencia de infraestruturas que sofren o norte das provincias de Lugo e de A Coruña”. Neste punto incluíu ao BNG, “que pretende disfrazarse de inmaculado pero aseguraron condicionar o seu apoio ao PSOE a lograr determinadas obras que nunca chegaron, porque son socios fieis dun PSOE incumpridor con Galicia”.
José Manuel Balseiro considerou que “o grao de compromiso da Xunta e do Goberno de Pedro Sánchez coas infraestruturas viarias nas bisbarras do norte de Galicia non resiste comparación”. Así, lamentou que “nos últimos cinco anos que Pedro Sánchez leva na Moncloa non se construíu un só metro de autovía, nin está en obras un só quilómetro, nin se atopa en contratación tramo algún”. “Incluso se frearon os avances administrativos que deixou feito o Goberno de Rajoy e os orzamentos do actual Goberno PSOE-Podemos recortan as partidas e só inclúen 500.000 euros para a redacción dos proxectos nos catro tramos entre Barreiros e San Cibrao”, engadiu.
Pola contra, a Xunta de Galicia xa construíu e ten en servizo dous tramos do Corredor da Costa, que implicaron un forte esforzo orzamentario nun momento de fortes restricións e crise económica: a variante de Ortigueira, cun investimento de 50 millóns de euros; e o treito Celeiro-San Cibrao, cun custo doutros 50 millóns de euros.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



