Ribadeo, 14 de febreiro de 2023. O Pleno do Concello aprobará este xoves, día 16, os pregos para licitar a xestión do ciclo integral da auga en Ribadeo. Suporá melloras na calidade auga de consumo, con dous novos e modernos sistemas de ozonización, ademais da eliminación de subprodutos da desinfección. Ampliarase a capacidade de auga almacenada en mais do dobre cun novo deposito de 4.660 m3 E está prevista tamén a ampliación da capacidade hidráulica da ETAP de Vilarbetote.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “logo do remate previsto para o vindeiro mes de marzo do actual ciclo de concesión da auga e saneamentos municipais en Ribadeo que tivo inicio hai 25 anos, no 1998, desde o Concello lévase moito tempo planificando técnica e xuridicamente a mellor xestión do novo ciclo da auga, saneamento e depuración para un novo período”.
O rexedor contou que “se estiveron estudando tecnicamente aqueles aspectos materiais e técnicos onde se deben reforzar as infraestruturas e os procedementos para dar un mellor servizo a toda a cidadanía que recibe este servizo básico municipal. Neste novo paso que temos por diante, o Pleno do Concello tratará a aprobación dos Pregos Técnicos e Administrativos para a próxima licitación do contrato do ciclo integral da auga de Ribadeo por un prazo de 20 anos”.
Suárez Barcia indicou que “a preocupación municipal polo ciclo integral da auga inclúe a necesidade de ir mais aló, buscando a excelencia, en diversas cuestións como a calidade da auga de consumo, a renovación das antigas canalizacións de fibrocemento, a separación de augas pluviais e residuais, a redución de perdas e fugas, a dixitalización na recollida de datos de consumo e aforro, a diminución das roturas e a creación de depósitos de auga tratada”.
O alcalde relatou que “todas estas accións enmárcanse nunha nova xestión mais racional e tecnolóxica, pero igual de responsable que ata o de agora, dos recursos hídricos e o respecto á biodiversidade. Neste sentido, son proxectos aliñados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas (ODS 6, “auga limpa e saneamento”) e coas políticas europeas, concretamente co GreenDeal, un acordo entre todos os Estados Membros para canalizar unha transición verde. Doutra banda, o impacto de nova lexislación no sector, como a Lei 1/2022, do ciclo integral da auga, ou a nova lei de auga de consumo RD 3/2023, obrigan o Concello de Ribadeo a unha xestión mais profesional e integral do ciclo da auga. Por iso, neste novo concurso recóllense aspectos e infraestruturas que melloran e amplían o anterior contrato, coma a extensión do servizo a varias parroquias de Trabada, así como unha serie de fosas sépticas e bombeos de augas residuais que carecían do axeitado mantemento”.
Fernando Suárez subliñou que “o futuro contrato levará aparelladas unha serie de inversións moi necesarias, como o novo depósito de 4.660 m3 de capacidade, que permitirá asegurar o subministro de auga, aínda en caso de rotura da acometida xeral ou fallo no subministro de enerxía eléctrica. Tamén lle damos moita importancia á calidade da auga de consumo, que cos novos sistemas de ozonización que mellorará o sabor e fará desaparecer os posibles olores da auga tratada, eliminando calquera resto de materia orgánica e outros contaminantes da auga bruta sen xerar subprodutos que poidan prexudicar a saúde dos consumidores. Esta moderna tecnoloxía, mais aló das exixencias legais, colocará a Ribadeo na vangarda das técnicas de potabilización, equiparando a calidade da auga municipal á dos mellores servizos de abastecemento de Europa”.
O rexedor engadiu que “a inversión mínima prevista para o concesionario ascende a 3.200.000 euros, e a esta cantidade poden engadirse mais inversións dependendo das propostas dos licitantes. Ademais do anterior, cómpre destacar no novo concurso o novo paquete de ferramentas informáticas que permitirán ao Concello un estreito control da evolución da concesión, o desempeño do novo concesionario, a calidade da auga, e a dispoñibilidade do recurso”.


























Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



