O acordo asinado o pasado luns amplía o período de protección laboral dos traballadores da planta de aluminio, garante un tempo no que a electrolisis deberá estar operativa e prevé un investimento adicional de 88 millóns de dólares na pranta
Madrid, 9 de febreiro, 2023. A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, presidiu hoxe a reunión da comisión de seguimento de Alcoa San Cibrao, celebrada no Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, na que reiterou o compromiso do Goberno co mantemento das capacidades industriais e o emprego na planta de aluminio. Trátase da primeira reunión da comisión tras a firma da modificación do acordo entre os representantes sindicais e Alcoa o pasado luns 6 de febreiro.
A ministra Maroto, “ha felicitado a los representantes sindicales y de Alcoa por el importante acuerdo que es fruto de una intensa negociación en la que ambas partes han establecido una serie de compromisos para garantizar la viabilidad de la planta de Alcoa a medio y largo plazo. Desde el Gobierno reiteramos nuestro compromiso de garantizar el mantenimiento de las capacidades productivas y el empleo de la planta y para ello hemos concedido a Alcoa una ayuda de 27 millones de euros y otros 3 millones a la planta de Alúmina para compensar los costes energéticos”.
“Desde el inicio de esta crisis en Alcoa, el Ministerio de Industria ha trabajado activamente para impulsar una solución, intermediando con la Xunta, con la empresa, con los trabajadores y con otros ministerios implicados en la tramitación de permisos para nuevos parques eólicos que suministrarán energía a Alcoa. Los acuerdos alcanzados en el seno de esta mesa son un ejemplo de que el dialogo social es imprescindible para garantizar la viabilidad de la fábrica y vamos a seguir celebrando reuniones periódicas de esta mesa para hacer un seguimiento de los compromisos alcanzados”.
O acordo asinado o pasado luns amplía o período de protección laboral dos traballadores da planta de Aluminio, garante un tempo no que a electrolisis deberá estar operativa e prevé un investimento adicional de 88 millóns de dólares na pranta.
Alcoa mantén as melloras previstas no acordo asinado o 29 de decembro de 2021, como o novo transformador, o forno de homoxeneización e as catro mesas de coada. O aumento en 88 millóns de dólares do investimento previsto nun primeiro momento (103 millóns de dólares) destinarase ao forno de cocción de ánodos e ás barras de compensación magnética.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



