Traballadora social e veciña do barrio do Porto di que “os servizos sociais son importantísimos para mellorar o benestar dos veciños”
Burela, 23 de marzo de 2023. A traballadora social Maite Lanza únese ao proxecto do Partido Popular “para mellorar Burela”.
O candidato á alcaldía, Manuel Rouco, agradécelle a súa implicación para reforzar o equipo que se presenta como “a única alternativa para o cambio”. Rouco destaca que “é unha excelente profesional do eido social e, o máis importante, unha muller comprometida co noso pobo e coa nosa xente que, como veciña de Burela, aposta por un cambio no goberno local e por iso se une a este serio, realista e ilusionante proxecto do Partido Popular”.
Maite Lanza explica, sobre a área á que está vinculada profesional e persoalmente, que “os servizos sociais son importantísimos para o benestar dos veciños de Burela e precisamos que sexan áxiles, eficaces e resolutivos, sobre todo, na época que estamos vivindo e na que necesitan un gran impulso. Os recursos sociosanitarios e asociativos tamén precisan dun reforzo tanto a nivel estrutural como económico porque non só con publicidade se pode medrar e saír adiante”.
Nese sentido, “o Partido Popular aposta por recursos residenciais para persoas vulnerables e en situación de emerxencia social, por un pobo inclusivo e accesible para todos, por unha reubicación dos servizos sociais municipais para garantir a intimidade dos usuarios e por un reforzo no Servizo de Axuda no Fogar complementado con servizos de fisioterapia e podoloxía a domicilio, con máis persoal e cunha resolución inmediata das solicitudes dos usuarios. Nestes momentos, temos 58 persoas con distinto grao de dependencia recoñecida á espera, dende fai máis dun ano, de recibir o Servizo de Axuda no Fogar”.
Lanza, que coñece os servizos sociais por colaboración e coordinación profesional, gaba o labor dos seus profesionais “que son compañeiros meus dende fai moitos anos”.
UNHA TRABALLADORA SOCIAL MOI ACTIVA NA VIDA DE BURELA
Maite Lanza é veciña do barrio do Porto e defínese como “traballadora social de profesión e vocación”. Conta con 27 anos de experiencia no Centro de Drogodependencias de Burela e tamén desenvolve actividades de prevención. Colabora en varias asociacións da vila e confesa que lle gusta “participar nas actividades que se celebran en Burela ao longo de todo o ano”.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.


