Rosana Pérez afirma que coas actuais axudas, a renovación na frota produciríase en 300 anos e pide un esforzo á consellería do Mar para reverter a situación “modificando a orde de axudas” incrementado a súa contía
Santiago de Compostela, 28 de marzo, 2023. A deputada e portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez defendeu no Parlamento galego, “aprobar un plan de actuación”, nun prazo de seis meses e acompañado de recursos da Xunta de Galiza para renovar, paulatinamente, as embarcacións e idade da frota galega.
Tras explicar que as actuais axudas “son insuficientes” a deputada reclamou máis recursos porque os 500.000 euros iniciais, foron reducidos este ano a 300.000 e para acceder a elas, estre outros requisitos o buque adquirido debe ter unha eslora inferior a 24 metros e entre 5 e 30 anos de antigüidade. Ademais, e as persoas solicitantes, deberán ter “menos de 40 anos”.
Rosana Pérez cualificou de “ridícula” a cantidade de 300 mil euros para un segmento que segundo o informe anual da Plataforma Tecnolóxica da Pesca, integra a 3.956 buques dun total de 4.232.
Estes datos, a xuízo da deputada, confirman que o o 93,4% das embarcación teñen unha eslora inferior a 24 metros e deles, 3.640 menos de 12 metros.
Coas actuais axudas a frota tardará 300 anos en obter resultados na remuda xeracional
Os 300.000 euros que lle dedican a estas axudas supoñerían entre 5 e 10 persoas beneficiarias cada ano, estimando o prezo dunha embarcación de segunda man de menos de 12 metros de eslora entre 30 e 60.000 euros. É dicir, recalcou a deputada, “a este paso conseguiríamos renovar a frota e obter resultados na remuda xeracional dentro de máis de 300 anos”.
Por outra parte, engadiu a nacionalista, os requisitos son excesivamente “estritos e limitativos”, como impedir a compra dun barco de segunda man de menos de 5 anos ou establecer unha idade máxima de 30 anos para os buques que se poden mercar que nun primeiro momento podería parecer unha medida para deter o envellecemento da frota pero en realidade na actualidade máis da metade da frota xa ten máis de 30 anos e 1/3 dela máis de 40. Polo tanto, esta medida tampouco inflúe decisivamente para a súa “renovación”.
A deputada tamén se referiu aos impedimentos das compañías aseguradoras con consecuencias “indesexables” para o mariñeiros como negarase a asegurar embarcación de certa idade.
A propia Orde de axudas, recoñece que “o sector da pesca constitúe un sector estratéxico para o desenvolvemento da nosa comunidade que ten o reto de contribuír á consecución de determinados obxectivos temáticos do Marco Estratéxico Común aproveitando ao máximo os fondos deste Marco para acadar os novos retos que se formulan e, neste senso … aproveitar todas as posibilidades que brindan estes instrumentos para acadar o obxectivo de sector competitivo, sustentábel e respectuoso co ambiente”. Pero aproveitar ao máximo as posibilidades e os fondos para conseguir un sector competitivo resulta “unha ironía” e non é posible se a consellería do Mar destina 300 mil euros que limitan as axudas.
O BNG propón modificar os requisitos das axudas para evitar o envellecemento da frota
A parlamentaria do BNG explicou que o novo FEMPA 2021-27 marca como un dos seus obxectivos facilitar a remuda xeracional e Galiza “vai recibir nese período 366 millóns de euros”. Este ano xa finalizou o prazo de presentación de solicitudes, pero aprobar esta iniciativa tería efectos nas seguintes convocatorias e por iso propoñemos “modificar os requisitos da Orde de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentábel para tripulantes e, sobre todo, incrementar o crédito orzamentario para, “evitar que a nosa frota envelleza e desapareza”.
Entendemos, recalcou a nacionalista, que a nosa proposta é “real, razoábel e asumible pola administración” destinataria de 366 millóns de euros de fondos europeos nos próximos anos e que ademais evitaría, tal e como vén ocorrendo dende hai anos, que “quedaran fondos sen executar e que acaben tendo que ser devoltos por non utilizalos”.
O PP deixa ao pairo á frota galega e impide a incorporación de xente nova
Tras a intervención da portavoz popular, María Elena Suárez Sarmiento que coincidiu coa deputada nacionalista na necesidade dunha remuda xeracional na frota galega, pero defendeu a orde de axudas a pesar de “seren insuficientes”, a deputada do BNG afeou a intervención da portavoz do PP e criticou que os primeiros sete minutos dos dez para responder podía, dixo “aforralos” porque estiveron trufados de argumentos “de fondo de armario” pero non aportaron ningunha alternativa ao grave problema xeracional da frota galega.
Rosana Pérez lamentou que o PP persista nunha política “errática” e non amose a súa disposición a “modificar a orde de axudas”. Dende o BNG, sinalou Rosana Pérez, , consideramos que a xente nova debe ter incentivos para dedicarse a actividade do mar e o PP continúa poñendo “moitas trabas”.
A proposta do BNG que contou co apoio do Partido socialista foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



