Lourenzá, 20 de marzo de 2023. O equipo de goberno municipal explica que “o último pleno do Concello de Lourenzá foi un dos máis tranquilos e relaxados das dúas últimas lexislaturas”.
Os gobernantes locais especifican: “aprobáronse por unanimidade todos os puntos da orde do día, entre eles o de darlles voz aos veciños da Cazolga que reclaman melloras para a estrada que os une coa capitalidade, de titularidade provincial. A continuación chegaron os rogos e preguntas, ás que respondeu a alcaldesa sen que o voceiro popular mostrase ningún rexeitamento, máis ben parecía conforme coas explicacións da rexedora municipal. Pero, polo visto, desde a bancada na que estaban os novos candidatos populares vese dunha maneira diferente e parece que tivemos un pleno apocalíptico. Parece un ninguneo máis cara ao actual voceiro popular”.
O equipo de goberno municipal engade que “en relación aos rogos e preguntas presentadas polo grupo popular, mellor dito polos novos candidatos e candidatas, parece máis ben unha carta dirixida aos Reis Magos, interesándose cada un deles por cuestións que lles afectan persoalmente, en vez de facelo movidos por intereses de toda a veciñanza. Por exemplo, rogaban que se ampliara o alumeado público de Recemil, onde todas as casas contan con el, cando aínda hai barrios no concello que non o teñen. Tamén se interesaron polo estado ruinoso dun edificio, seguramente porque estraga as vistas desde a casa dunha nova candidata, sen ter en conta que este é un problema grave de todos os concellos de Galicia no que debera tomar medidas o goberno da Xunta, xa que pouco se puido facer desde os gobernos locais de antes e pouco se pode facer na actualidade. Falan os populares tamén de problemas nas infraestruturas, tales como o estado de contedores soterrados ou pedras soltas en beirarrúas da vila. Recordámoslles que esas foron obras de corporacións anteriores gobernadas polo Partido Popular, que visto o estado no que se atopan non deben estar moi orgullosos delas e intentan culpar ao goberno actual. Só hai que volver a vista atrás oito anos para ver como estaba a rede de estradas e camiños de Lourenzá e ver como está agora. Seguramente algúns dos que forman a nova lista popular, entre eles o candidato a alcalde, descoñecerán estes datos, porque nin traballan nin viven en Lourenzá e ata hai poucos meses nin sequera estaban censados, algo que fixeron recentemente para así ter algún voto máis”.
Os gobernantes locais de Lourenzá comentan tamén que “preguntaron os populares por un informe remitido pola Xunta de Galicia sobre o punto limpo. Non hai tal informe, a non ser que eles teñan constancia del, algo que sería totalmente ilegal. O que houbo foi unha inspección rutineira na que se apreciaron algunha deficiencias, que en canto se nos remitan intentarase solucionar no menor tempo posible. O grave, irregular e sospeitoso é que desde os candidatos populares teñan coñecemento desa inspección. Para rematar o equipo de goberno explicoulle ao grupo popular que os orzamentos se presentarían despois das eleccións municipais, algo do que deberan estar moi agradecidos os populares xa que no hipotético caso de que chegaran a gobernar non estarían hipotecados por uns orzamentos que non serían seguramente do seu agrado. Lembrámoslles aos novos candidatos populares que a campaña é moi longa e recomendámoslles que a collan con calma e que formulen propostas, que traballen en positivo e que cando fagan críticas que sexan reflexo da realidade e non simplemente co obxectivo de descualificar aos contrincantes políticos”.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



