A dirección provincial considera “viable gañar as eleccións en Meira” e para iso apoian unha “candidatura renovada, cun proxecto de futuro que, se recibe o apoio o 28 de maio, o demostrará nos próximos anos”
Meira, 5 de marzo de 2023. “Ilusión, esperanza, ganas de avanzar e poñer a Meira no lugar que lle corresponde como cabeceira de comarca” son as palabras coas que Óscar Fernández definiu o proxecto que encabeza en Meira polo Partido Popular. O alcaldable estivo arroupado este sábado durante o acto de presentación por Julio García Comesaña; Javier Vázquez Nodal, secretario xeral do PP lucense; José Manuel Balseiro, coordinador xeral e deputado autonómico; Javier Vázquez Prado, secretario de organización; senadores, deputados, alcaldes e candidatos populares noutros concellos; ademais de veciños e afiliados da localidade.
O popular expresou o seu “absoluto compromiso co concello e con toda a súa xente” e asegurou que “o noso proxecto vai collendo forma e forza cun equipo de persoas que porá todo o seu coñecemento e enerxía para cambiar as dinámicas do Concello de Meira, algo que será fundamental para o futuro da vila e dos nosos veciños e veciñas”. De feito, Óscar Fernández decidiu presentarse á alcaldía para cambiar “a realidade que vivimos no día a día que demostra que o actual goberno non ten proxecto de futuro: os empresarios vemos que non hai aposta decidida polas actividades económicas, os pais e nais temos que levar aos nosos fillos realizar actividades propias da idade a outros concellos, non dispoñemos de oferta deportiva ou cultural, tampouco podemos acceder a vivenda e, todo iso, a pesar de pagar unhas taxas e impostos desorbitados”.
O popular aposta por “coidar as nosas empresas das que nos podemos sentir orgullosos; tanto das fortes coma dos pequenos e grandes emprendedores”. Neste ámbito, subliñou “a importancia de dispor de solo industrial e actualizar a normativa urbanística que permita solucionar tamén o problema da escaseza de vivenda ou o elevado IBI”. Así mesmo, considera que “un pobo sen nenos é un pobo triste; así que coidémolos e garantamos o seu futuro dándolles oportunidades”. Fernández asegurou tamén durante a súa intervención a súa intención de apoiar “ás mulleres, nais e avoas porque son o motor da nosa terra”. E, como é “fillo do rural de corazón e formación” comprométese a atender e resolver os problemas propios de “cada recuncho do concello” ante “a falta de acción destes últimos anos”. Así mesmo, o candidato popular á alcaldía ten moi presente o patrimonio material e inmaterial de Meira de cara á súa potenciación.
Sobre a ampliación e reforma do centro de saúde, para o que a Xunta ten xa adxudicada a redacción do proxecto, Óscar Fernández manifestou que “dispoñer dunhas infraestruturas de calidade é vital para o concello e para o futuro mantemento dos servizos básicos sanitarios”.
Durante a súa intervención, Julio García Comesaña sinalou que “a Xunta xa ten un proxecto básico desa ampliación, que están a supervisar os técnicos”; e subliñou que “en todo este proceso de moverse para facer un gran investimento en Meira o papel do alcalde e do goberno local foi ningún: non se interesaron nin unha soa vez”. É máis, explicou que “foi o PP, dende a oposición, o que pediu inversións para Meira e o que se interesou continuamente polo proxecto”.
“Por iso quixen estar hoxe aquí con Óscar, porque teño claro que Meira merece moito máis do que ten agora e que el pode dalo. Óscar é empresario, enxeñeiro e sabe de proxectos e dos esforzos que hai que facer para movelos. Estou seguro de que se el fose alcalde, non quedaría de brazos cruzados ante un investimento deste calibre para Meira. E iso é o que necesita un Concello: alguén que lidere e que tire dos proxectos”, matizou.
ILUSIÓN POR UN PROXECTO DE FUTURO
A dirección provincial sinalou que “é viable gañar as eleccións municipais en Meira”. Explicaron que “a localidade sufriu un retroceso nos últimos anos, pero hai outra forma de facer política”. De feito, o Partido Popular, que gobernou moitos anos no municipio, presenta “unha candidatura renovada, cun proxecto de futuro que, se os veciños a apoian o 28 de maio, o demostrará nos vindeiros anos”. Os populares trasladáronlle a súa confianza a Óscar Fernández e remarcaron: “aspiramos a conseguir a alcaldía”.
O candidato do PP agradeceu o apoio de distintos membros do partido e “de todos os que formamos parte deste proxecto: os que fan, fixeron e farán moito traballo. O camiño comeza aquí e espero que a ilusión que me transmiten os veciños e veciñas llela poida devolver con feitos nos próximos anos”, concluíu.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



