Remato de ver unha nova sobre outro caso máis de policía infiltrada. Esta vez unha funcionaria que se meteu en movementos ecoloxistas e sociais madrileños. Os anteriores casos difundidos, en Cataluña, ían máis polo independentismo, creo lembrar. O que non lembro que se dera nunca é de casos de policías infiltrados, poñamos, na patronal. Ou entre os políticos (de xeito externo, claro, non como infiltrados duns contra os outros). E iso que a corrupción destapada, a xulgar polos medios, é abondo maior nestes últimos colectivos.
Parece haber unha diferencia cualitativa entre organizacións. É dicir, unha diferencia “relativa ou pertencente á calidade ou características de algo ou alguén”, segundo a RAG. É dicir, segundo a mesma institución, cando se ten en conta a “propiedade ou maneira de ser dunha cousa pola que ten ou pola que se lle dá determinado valor”. Acabáramos! O quid da cuestión estriba no seu valor, nas “calidades obxectivas que fan que unha cousa sexa digna de aprecio”. E claro, é moi diferente o aprecio que se lles dá ós ecoloxistas que ós integrantes da patronal, nonsi?
Podería pensarse que esa ‘valoración diferencial’ quédase en aspectos como os citados, de consideración á infiltración policial. Mais parece ser máis ben ó revés, que os casos como a infiltración policial en determinados conxuntos sociais e non en outros, son consecuencia desa valoración diferencial a nivel xeral. Diferencial que diríase está a agrandarse. Como se non, se pode explicar que cada vez a corrupción sexa máis visible e teña máis difusión? Sen percibir por outra parte un aumento de consecuencias para corrompedores e corruptos, cada vez con máis soporte supostamente legal. E ó tempo que o mecanismo de redistribución vía impostos trúfase de métodos regresivos como tipos reais máis baixos para ganancias máis altas ou rescate de grandes fortunas mentres se afogan os servizos sociais.
Pode que a clave sexa que na actualidade pensan que poden prescindir de nós, e permitirse por iso calquera cousa que se lles ocorra. Dende impedir que desapareza a lei mordaza para ter todo atado e ben atado e seguir actuando como matóns ou acosadores a conceder millóns e axudas e avais dos que non importa o retorno -pagámolos todos- nunha especie de fondo perdido de axuda social á riqueza particular. Pasando por cousas como contratos nos que unha única consulta médica valórase máis ca unha hora de traballo dun médico equivalente da seguridade social, xustificándose con que hai que desatascar a sanidade pública…
E por que pensan que poden prescindir de nós? Pode que porque a diferenza de riqueza e poder asociado non deixa de medrar, dende esa ‘altura’ non nos ven xa como iguais, e polo tanto non só sen as mesmas posibilidades, senón tamén sen os mesmos dereitos. Coido que é mellor que canto antes recoñezamos que esas bases da democracia son papel mollado por convicción para quen pensa que non contamos. Lémbraste daquelo de ‘gustábanme as películas de vaqueiros, ata que me decatei de que nós eramos os indios’?
Nota final:
Por certo que iso de crer que se pode prescindir dos outros, de non consideralos iguais, xa puiden observar algunha vez como se ensinaba. É dicir, pode transmitirse e estenderse. E está en proceso de facelo.




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



