O BNG instará no próximo pleno a que o conxunto dos representantes dos galegos e as galegas rexeiten o plan proposto polo Consello de Ministros
Santiago de Compostela, 1 de marzo do 2023. A portavoz nacional, Ana Pontón, manifestou a súa desaprobación ao respecto do plan aprobado polo Consello de Ministros relativo á autorización de parques eólicos mariños en Galiza. Nese sentido, indicou que “o BNG considera un ataque ao medio ambiente e á economía galega que se pretenda instalar nas nosas costas a metade da eólica mariña prevista para todo o Estado español”.
“Estamos vendo como o goberno do Estado traballa para defender os intereses das eléctricas e se coloca de costas á defensa do medio ambiente e tamén de costas a un sector vertebral para a economía galega como é o sector pesqueiro”, indicou.
Fronte a isto, o BNG rexeita por completo as pretensións do goberno do Estado e pide que non se lle poña a etiqueta de “verde” ao espolio enerxético galego, nin tampouco a unhas eléctricas que soamente se preocupan por cal é a súa conta de resultados.
Pontón declarou que o Bloque reclamará no próximo pleno do Parlamento galego que o conxunto dos representantes dos galegos e das galegas rexeiten esta proposta para apostar por un novo desenvolvemento das enerxías renovables. “Non pode ser que Galiza estea vivindo xa un bum eólico depredador en terra e que ese bum eólico pase tamén ao mar”, indicou.
Galiza como colonia enerxética de Madrid
Nun momento no que Galiza xa duplica a taxa de enerxías renovables pretendida por Europa para o ano 2023, Pontón denunciou que “non estamos vendo como se aposta polas enerxías renovables, senón como se aproveita desta situación todo o lobby eléctrico para seguir sacando tallada a costa do medio ambiente do noso país” advertindo que “este plan vai destruír emprego nun sector tan vertebrador para o noso País como é o pesqueiro”.
Galiza xa duplica a taxa de enerxía, polo tanto hai que facer unha transición enerxética e poñer outros puntos de enerxías renovables haberá outros puntos do territorio español onde facelo. Non pode ser que en Galiza se siga cargando cos costes ambientais e sociais da produción e electricidade sen un só beneficio. Este país non pode ser a colonia enerxética de Madrid.
Pontón declarou que é necesaria unha transición ecolóxica, pero avaliando tamén o seu impacto socioeconómico e buscando outros puntos de enerxías renovables dentro do territorio español porque “non pode ser que Galiza siga cargando cos costes ambientais e sociais da produción de electricidade sen un só beneficio”.
“O que se pretende é consolidar un papel de Galiza no estado que para o BNG non é lóxico nin xusto. Galiza non pode ser a colonia enerxética de Madrid”, concluíu.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



