Ribadeo, 15 de maio de 2023. O candidato á alcaldía, Dani Vega, presentou esta mañá parte do seu programa electoral no foro empresarial celebrado en Ribadeo, no que participou o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Francisco Conde. Vega trasladou o seu agradecemento a Conde por asistir a este foro no que se falaron das distintas propostas en materia económica que o alcaldable ten pensado no caso de chegar á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.
“Unha das primeiras medidas que temos pensado é unha rebaixa seria e concisa do prezo do solo do polígono industrial que afecte ás parcelas. Necesitamos un tecido económico forte e levamos moito tempo loitando por ter un polígono industrial en condicións, porque ter temos polígono pero hai que incorporarlle a palabra industrial”, di Vega. Outros dos aspectos no eido económico a tratar polo alcaldable é converter a Ribadeo nun referente económico na Mariña e, por iso, “é necesario atraer empresas facilitando a súa instalación no municipio a través da redución da burocracia administrativa”.
Por outra banda, Vega quere impulsar sectores como o urbanismo. “Temos que tomar medidas para favorezan o seu desenvolvemento para o crecemento económico de Ribadeo e non poñer paos nas rodas como é habitual neste goberno do BNG”. O candidato dos populares tamén ten distintas propostas para favorecer o emprendemento e a creación de emprego, como é o caso da creación de espazos de coworking para empresas e de vivieros de empresa, e a creación dun portal de emprendemento dixital con asesoramento técnico. “Teremos tamén un espazo para o teletraballo” engade. Ademais avoga por unha reducción de impostas como unha das claves para impulsar aos sector empresarial, en especial na hostalaría e os comerciantes: “Vemos necesario unha redución das tasas, fraccinar o IBI e eliminar a plusvalía.”
En canto ao turismo, o candidato aposta pola súa potenciación a través da elaboración dun plan estratéxico de desenvolvemento xestionado por un ente público privado. Tamén resalta o turismo cultural e os congresos que “como xa fixemos desde a oposición, recuperamos as xornadas Mar por Medio e agora queremos pactar toda a actividade cultural co sector turístico para establecer un paquete informativo. Apostaremos tamén pola construción dun edificio que será un centro multiusos para albergar todo tipo de actividades culturais”.
FORMACIÓN DE EMPREGO
Vega explica que “empresa e formación profesional van unidos” e, por iso, “quixemos xestionar moita formación profesional durante estes anos e agradecemos ao IES Porta da Auga e á escola de Pedro Murias por non ser conformistas e seguir impulsando iniciativas formativas”. No primeiro centro, implantouse formación específica sobre a construción de barcos de fibra en colaboración con Astilleros Gondán. No segundo, apoian e apostan polo sector forestal, un dos principais motores económicos da Mariña.
Neste sentido, Dani Vega destaca a colaboración de empresas para complementar a formación dos alumnos. “Este ano estamos a traballar para xestionar máis formación con Medio Rural para a creación de dous cursos máis de formacións, despois do éxito dos ciclos de formación”.
Pola súa parte, Francisco Conde destacou que a prioridade é acompañar e incentivar o emprendemento e a actividade das empresas porque fai crecer a economía e progresar aos concellos. Para logralo, o vicepresidente cre necesario contar con administracións que ofrezan axilidade administrativa, apoio financeiro, acceso a solo empresarial, asesoramento e axudas para facer fronte aos retos actuais de dixitalización, sustentabilidade e eficiencia enerxética























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



