Viveiro, 22 de maio, 2023. A alcaldable do BNG, Míriam Bermúdez, ve unha prioridade levar a cabo un Plan de Accesibilidade en Viveiro. Un estudo da situación actual do concello, establecendo criterios e prioridades, programando por fases as actuacións a executar. Con previsión orzamentaria, é a única forma de eliminar todas as barreiras ás que se enfrentan diariamente a nosa veciñanza e visitantes en Viveiro.
“É necesario adaptar os espazos para as persoas e non ao revés” sinala Míriam Bermúdez, “hoxe en día en Viveiro hai que facer peripecias para moverse en cadeira de rodas, camiñar con bastón ou mesmo levar un carriño de bebé. É inadmisible que aínda existan en Viveiro beirarrúas sen rampa nos pasos de peóns tal e como se pode ver na praza Donapetry, por poñer un exemplo”.
Existen moitas barreiras especialmente urbanísticas, polo que queremos peonalizar espazos como a Praza de Lugo, mover o mobiliario urbano que non permite o paso cómodo, instalar pasarelas para acceder ás praias, implantar axudas técnicas para acceder ao vaso da piscina e mesmo ao edificio consistorial… Necesidades que para sacar adiante se precisa dun Plan de Accesibilidade como ferramenta de xestión.
Así como outras barreiras non urbanísticas como a implantación de semáforos sonoros ou o sistema de bucle magnético nos edificios municipais, sen deixar no esquecemento as barreiras na comunicación facendo accesible a páxina web do Concello.
Míriam Bermúdez ten claro que “o BNG no goberno facilitará a vida de toda a veciñanza nun Viveiro Sen Barreiras, en beneficio de toda a comunidade e servindo incluso de reclamo turístico”.
























Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



