Os feitos transcorreron no marco dunha festa na localidade mariñá, onde se producira unha agresión de diversa consideración a dúas persoas de orixe caboverdiano e paquistaní. A Garda Civil detivo a dous veciños deste concello, de 33 e 44 anos de idade, como supostos autores deste delito de lesións. A investigación policial continúa aberta non descartando novas detencións.
![A Garda Civil detivo aos presuntos autores dun delito de lesións en Trabada](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/06/102840889_3035108323238968_6970305134127506574_n.jpg)