Ribadeo, 1 de xuño de 2023. Os días 3 e 4 de xuño comezan os Torneos de Fútbol Base da SD Ribadeo, que reunirán durante tres fins de semana a 117 equipos procedentes de diferentes puntos do Estado e tamén de Portugal e a máis de 5.000 persoas. No acto de presentación do evento interviron o presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto; o xefe de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado; e o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso.
O presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto, anunciou que “estamos en la presentación de los torneos de la SD Ribadeo, que van a ser los tres primeros fines de semana del mes de junio, empezando con el torneo de los infantiles, siguiendo con el de benjamines y prebenjamines y acabando con el alevín y el miniprebenjamín. Por parte de la SD queremos dar las gracias a las instituciones colaboradoras que son el Concello de Ribadeo, la Xunta de Galicia, la Diputación de Lugo, el Iberia de San Miguel y también a Acisa.
Deseamos que los torneos transcurran, como todos los años, con la mayor deportividad y que todo el mundo lo pase bien. Muchas gracias a los padres y a la gente implicada en la SD Ribadeo para poder llevar a cabo los torneos con todo el trabajo que eso conlleva”.
O xefe provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, quixo “dar a benvida a esa cantidade de deportistas e clubs, con todos os membros dos corpos técnicos, que van vir a Ribadeo e a toda a comarca durante tres fins de semana, e moitas grazas a todos os colaboradores e organizadores. Á SD queremos felicitala por darlle continuidade a este torneo que xa vemos, dado de onde veñen os equipos, o referente que é non só a nivel provincial ou autonómico senón nacional e incluso internacional. Queremos pedirlle a todos os afeccionados e familiares que acompañan a eses deportistas que veñan a Ribadeo a desfrutar non só do torneo de fútbol e dos seus fillos ou familiares senón tamén da gastronomía, do patrimonio e da cultura, que é a forma de dinamizar economicamente tanto Ribadeo como esta zona da Mariña”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, salientou que “son tres fins de semana de torneos, que van xerar un importante movemento económico para Ribadeo porque tanto hoteis como bares, restaurantes e tamén o comercio se van ver beneficiados pola presenza de máis de cinco mil persoas ao longo destas tres vindeiras fins de semana. En Acisa estamos encantados de poder colaborar coa SD Ribadeo na organización destes torneos polo que implican. Agardamos que todos os que veñan desfruten evidentemente do deporte, pero que tamén aproveiten para gozar da súa estadía en Ribadeo. Esta vila ten moito que ofrecer, ten moito que mostrar. Esperamos que lles guste, que desfruten e que os que veñen agora de acompañantes despois volvan repetir experiencia”.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, manifestou que “son uns torneos das categorías inferiores, infantil, benxamín, prebenxamín, alevín e miniprebenxamín, que van encher Ribadeo de deporte e de afluencia durante tres fins de semana do mes de xuño. Van reunir a en torno 117 equipos de diferentes procedencias, evidentemente de Galicia, tamén de Asturias, de Castela-León e de Cantabria. Ademais é un torneo internacional, xa que acolle a varios equipos de Portugal. Temos unha previsión estimada de afluencia de máis de cinco mil persoas que van encher a nosa vila de ilusión, de deporte e dunha estancia marabillosa para todas estas persoas”.
O edil ribadense engadiu: “dende o Concello de Ribadeo é unha honra poder colaborar neste tipo de torneos porque, en primeiro lugar, apostamos polo deporte base, pola promoción de valores de traballo en equipo e esforzo, e paralelamente tamén se promove a promoción económica, que sempre resulta favorable para os establecementos de Ribadeo e a difusión turística da nosa vila de forma estatal e internacional. Simplemente me queda dar un agradecemento á organización, principalmente a SD Ribadeo, e ao resto de entidades colaboradoras, ás persoas voluntarias particularmente, e tamén a Área de Mocidade da Deputación de Lugo. Agardo que sexan tres fins de semana nos que se mostren as mellores galas de Ribadeo, unha gran afluencia, e que valoremos moi positivamente esta acción promovida pola SD Ribadeo”.
Ao acto de presentación tamén asistiron o técnico de Deportes, Iván López; a deputada responsable da Área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire; o xerente de Acisa, Jesús Pérez; e o coordinador deportivo da SD Ribadeo, Rubén de Castro Donato.
O XIV Torneo de Fútbol Infantil, que se disputará os días 3 e 4 de xuño, xogarase no estadio municipal Pepe Barrera en Ribadeo, no Campo das Valgas en San Miguel de Reinante e no Campo Trénor en Barres (Castropol).






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
