O Concello de Ribadeo sumouse á convocatoria realizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade. As súas representantes deron lectura a un comunicado. Tamén desplegaron unha pancarta na que se podía ler: “Defendamos a igualdade. Fronte á violencia machista, loita feminista”.
![Ducias de persoas reuníronse na Praza do 8 de Marzo, en Ribadeo, para amosar a súa repulsa polo asasinato machista de Ana Vanessa Serén Penas, cometido esta fin de semana na localidade pontevedresa de Oia](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/06/050623-Foto-concentracion-Ribadeo-1024x517.jpg)