Os candidatos do PP pola provincia visitaron esta mañá A Mariña, e puxeron de manifesto a marxinación á que somete o Goberno de Pedro Sánchez a esta comarca lucense
Lugo, 30 de xuño de 2023. O cabeza de lista popular ao Congreso pola provincia de Lugo, Francisco Conde, puxo de relevo esta mañá que se Alberto Núñez Feijóo é o próximo presidente de España, chegará un compromiso real coa Mariña en investimentos para infraestruturas, uns investimentos que Pedro Sánchez ten negados á Mariña nos últimos anos. Foi durante unha visita á comarca na que participaron tamén o cabeza de lista ao Senado, José Manuel Barreiro, outros membros das candidaturas coma os mariñáns Jaime De Olano e Mercedes Rodríguez, alcaldes e portavoces da comarca.
Neste sentido, Conde resaltou que “as infraestruturas non só son necesarias para acceder aos distintos Concellos da comarca, senón tamén para a competitividade do tecido industrial, para captar máis investimentos e garantir que as empresas xa implantadas poidan competir en igualdade de condicións”.
Os populares destacaron que a Autovía da Mariña Lucense, a A-74, é unha actuación estratéxica para Galicia, porque supón a mellora de comunicacións na comarca ao enlazar coa A-8. A comarca é unha das maiores zonas produtoras de madeira, na que hai portos pesqueiros de referencia, un porto de interese xeral do Estado e unha multinacional do aluminio. A A-74 está dividida en 4 tramos: O Carme-Barreiros; Foz- O Carme, Foz-Burela e Burela-San Cibrao. Francisco Conde destacou que esta autovía é unha infraestrutura que xa figuraba no PEIT 2005-2020.
Os candidatos populares manifestaron que o PP urxiu en reiteradas ocasións ao Goberno para que dera pasos para avanzar na construción da A-74, que se ve paralizada “sine die” nos orzamentos xerais do Estado para o ano en curso. O Goberno de Pedro Sánchez só recolleu 500.000 euros de investimento en 2023 e sen que figuren partidas previstas para os próximos anos. Esta cantidade deixa de manifesto a súa falta de compromiso coa comarca. Por outra banda, os populares explican que o Goberno de Rajoy consignara 3,6 millóns de euros para o ano 2018 con anualidades previstas para os exercicios 2019, 2020 e 2021.
Nas emendas aos orzamentos xerais do Estado, o PP reclamou un incremento de 3,15 millóns de euros de investimento para garantir o avance da A-74. Tamén neste caso, unha vez máis os deputados do PSOE déronlle as costas á provincia e á comarca ao votar en contra das emendas a favor do incremento de investimento para a A-74. Os populares engaden tamén que o voto do BNG para a Pedro Sánchez presidente tampouco serviu para avanzar nesta infraestrutura.
APOIOS DA XUNTA E DO PARTIDO POPULAR
En contraposición ao abandono ao que somete o Goberno á Mariña, os candidatos populares destacaron que a Xunta, nos peores anos da crise económica, investiu 100 M€ e puxo en servizo dous tramos da vía de altas prestacións da Costa Norte: a variante de Ortigueira e o tramo de Celeiro-San Cibrao, ambas cun investimento que se aproxima aos 50 M€, 100 en total.
Os deputados e senadores populares teñen presentado diversas iniciativas en relación co atraso inxustificado na execución da necesaria autovía A74. Recentemente, no Parlamento de Galicia, ao fío da gran fochanca que se produciu na N-642, o Grupo Popular reclamou, entre outros aspectos, o inmediato inicio das obras de construción da autovía. Igualmente, os deputados no Congreso e os senadores pediron que se impulsara a execución da autovía da Mariña dando pasos firmes para a construción da vía.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



