Lembra o avance na educación e a formación, garantindo a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos e devolvendo aos pais o control sobre os contidos de Internet aos que acceden os nenos e nenas
Lugo, 28 de xuño de 2023. O cabeza de lista do Partido Popular por Lugo ao Congreso dos Deputados, Francisco Conde, pon en valor a política de conciliación familiar anunciada polo líder nacional e candidato á presidencia do Goberno, Alberto Núñez Feijóo, fronte “á politización” da nova Lei de Familias do Goberno de Pedro Sánchez. O popular así o trasladou na rolda de encontros que está a ter ao longo da provincia e que manterá ata a cita electoral do vindeiro 23 de xullo con distintos colectivos e organizacións.
“Somos o inimigo do radicalismo e o separatismo. En definitiva, somos o partido das familias fronte aos que queren politizalas”, remarca Conde. Neste sentido, explica que “a provincia de Lugo non é allea a esta necesidade. É preciso facilitar ser pais ou nais a todas as persoas que queiran selo”, e isto pasa, engade, polas bonificacións para contratar de maneira indefinida a nais traballadoras e incrementar o mínimo familiar do IRPF por ter un segundo fillo.
COMPROMISO SERIO DE FEIJÓO
Deste xeito, Conde detalla que o proxecto político de Núñez Feijóo “ten un compromiso serio a este respecto”. “O noso candidato cumprirá a palabra dada: aumentará os permisos de maternidade e paternidade das familias monoparentais e impulsará as modificacións lexislativas necesarias para aumentar eses permisos en beneficio dos menores”. E é que, di, “non é un tema menor fomentar a conciliación laboral e reducir a brecha salarial para que pais e nais poidan compaxinar o seu desenvolvemento profesional co coidado dos fillos”.
Ademais o PP aposta pola conciliación ata poñer a Galicia á cabeza de Europa a través da promoción da flexibilidade laboral de tal forma que se cree un banco de horas e, os traballadores que teñen fillos, poidan coller horas para estar coas súas familias e compensar esas horas de traballo noutro momento. Dentro deste abanico de medidas lembra o avance na educación e a formación, garantindo a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos e devolvendo aos pais o control sobre os contidos de Internet aos que acceden os nenos e nenas.



















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



