Ribadeo, 21 de xuño de 2023. Os establecementos asociados a Acisa repartirán 150.000 rifas que se porán en circulación dende o 23 de xuño ata o 9 de xullo, xornada na que terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no marco do Ribadeo Indiano 2023.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “dende Acisa quixemos poñer os máximos recursos posibles a disposición dos nosos socios e socias para contribuír a facer o mellor Ribadeo Indiano e deste xeito dinamizar a economía local e por iso neste 2023 repetimos o sorteo dunha viaxe para dúas persoas a Cuba. Somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa nas edicións pasadas e consideramos que non podía faltar este ano. Dende Acisa estamos a traballar para premiar e fidelizar as compras na nosa vila nunha época na que comezan as rebaixas e aumenta a afluencia turística e sen dubida este sorteo axuda”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “a viaxe que se sortea é para dúas persoas e será para desfrutar do 5 ao 12 de setembro de 2023. O premio cubre o vo Madrid-Habana-Madrid, así como as estancias en hoteis de 5 estrelas (aloxamento e almorzo) tanto en La Habana como en Varadero, visado a Cuba e seguro básico de viaxe, entre outros complementos extra”.
Pérez Prada indicou que “participar no sorteo é moi sinxelo. As rifas estarán a disposición dos clientes nos establecementos asociados a Acisa do 23 de xuño o 9 de xullo. O único que teñen que facer é pedir as rifas tras o gasto realizado. As papeletas deberán ir debidamente seladas polos establecementos. O sorteo será presencial o dia 9 de xullo tras a actuación de Eliades Ochoa, polo tanto é moi importante destacar que a rifa debe conservarse ata o mesmo 9 de xullo e que ese dia de 12 da maña a nove da noite, as persoas que teñan rifas, deberán introducilas na urna que estará instalada fronte os Cocos. Na urna deberá quedar a parte pequena da rifa co selo do establecemento e haberá que conservar a parte grande para o sorteo. Non serán validas as papeletas sen o selo dos negocios. As bases do sorteo e o listado de establecementos adheridos están dispoñibles na web e redes sociais do Ribadeo Indiano e de Acisa. Tamén figurarán na rifa e no cartel identificativo dos establecementos asociados as normas básicas”.
O xerente de Acisa engadiu: “queremos destacar que este ano editáronse 150.000 rifas, 50.000 mais que o ano pasado, debido ao éxito do sorteo. Sendo moi prudentes, facendo unha media de 5 rifas por compra e unha media de 40 euros de valor de cada compra estariamos a falar de que so co sorteo estariamos xerando 1.200.000 euros de impacto na economía local de Ribadeo nas dúas semanas que dura campaña”.
Cruzado Iglesias, a presidenta do colectivo empresarial, tivo palabras de agradecemento para as administracións e para os patrocinadores: “quero agradecer de forma especial, en primeiro lugar ao Concello de Ribadeo, co que seguimos a coorganizar o Ribadeo Indiano e que continúa confiando nesta actividade tan exitosa, tamén á Deputación de Lugo, que cofinancia esta acción de dinamización comercial e á Xunta de Galicia pola súa achega. E tamén quero dar as grazas aos nosos patrocinadores, de forma moi especial, a Cervexas Alhambra, que colabora co Ribadeo Indiano na súa liña de compromisos por apoiar todas aquelas experiencias únicas pensadas para desfrutar cos cinco sentidos; ao Banco Sabadell e a Caixa Rural, que afianzan e aumentan a súa colaboración con nos, e a Galipizza e A Cofradía de Rinlo, xa que sen a súa inestimable axuda non poderiamos poñer en marcha este sorteo”.
A presidenta de Acisa subliñou: “dende Acisa Ribadeo queremos resaltar o noso compromiso coa organización do Ribadeo Indiano e como consecuencia co traballo en estreita colaboración co Concello de Ribadeo para levalo a cabo. Ambas entidades aportamos o que somos capaces, cada un dende as súas posibilidades, para levar a cabo un gran evento que dinamice a economía local e fomente o turismo”.
O alcalde, Dani Vega, subliñou que “o Concello e Acisa traballan estreitamente na organización do Ribadeo Indiano, que será unha cita moi especial neste 2023. Contaremos cun amplo programa de actividades, que presentaremos dentro duns días, e que van culminar o 9 de xullo co concerto de Eliades Ochoa no barrio indiano de San Roque e co sorteo da viaxe a Cuba para dúas persoas”.
O rexedor engadiu que “contaremos con alicientes dabondo na nosa vila do 7 ao 9 de xullo para celebrar ao grande o VIII Ribadeo Indiano, que estará dedicado á arquitectura daquela época. Estamos ultimando os detalles para recibir aos milleiros de persoas que eses días se achegarán ata aquí para render homenaxe á nosa emigración”.
Na presentación do sorteo da viaxe a Cuba participaron o alcalde, Dani Vega, os concelleiros e concelleiras Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Diego Dos Santos, así como a presidenta, a tesoureira, o secretario e xerente de Acisa, Carmen Cruzado, Manoli Torviso, Felipe Fernández e Jesús Pérez.
























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).