Ribadeo, 3 de xullo de 2023. O alcalde, Daniel Vega, recibiu no Concello á vicepresidenta da Xunta e conselleira de Medio Ambiente, e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que despois visitou o casco histórico de Ribadeo.
O rexedor dixo que “é preciso investir para recuperar o noso casco histórico. A área Rexurbe significa iso: investir para conservar todo un conxunto histórico. Son 407.000 metros cadrados, nos que vai haber un investimento. En total 1.059 edificios, 1.309 vivendas, un orzamento que o 90 por cento vén da Xunta de Galicia e ten varios obxectivos: a vivenda pública e tamén recuperar e rehabilitar todos os espazos e os edificios públicos. Hai que investir para así poder conservar eses inmobles. E tamén temos o obxectivo de impulsar e dinamizar a economía. Polo tanto trátase tamén de investir para poder establecer proxectos económicos no casco histórico”.
Vega subliñou que “a área Rexurbe significa tamén un impulso económico para Ribadeo. E iso foi o que se fixo hoxe na visita da vicepresidenta segunda e conselleira de Vivenda e Medio Ambiente, que se desprazou a Ribadeo para poñer en valor todo un traballo qué moi importante para Ribadeo, non só para o casco histórico senón tamén para o conxunto do concello”.
Ata Ribadeo se desprazou tamén o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Ángeles Vázquez anunciou en Ribadeo que a Xunta convoca por quinto ano consecutivo axudas de ata 15.000 euros para comprar vivendas en centros históricos co obxectivo de promover a recuperación do patrimonio xa construído ao mesmo tempo que se facilita o acceso das familias a unha vivenda. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 4 de xullo ao 2 de outubro.
Logo de salientar que esta liña de financiamento conta cun orzamento inicial de 500.000 euros, a conselleira explicou que as axudas son, con carácter xeral, de 10.800 euros, pero a contía pode incrementarse ata os 12.800 euros por vivenda se o solicitante é menor de 35 anos, e ata os 15.000 euros no caso de que o inmoble se localice nalgunha das 7 Áreas Rexurbe declaradas na actualidade en Galicia, que son as da Coruña, Mondoñedo, Ribadavia, Tui, Ribadeo, Ferrol e Betanzos.

























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



