Unha muller foi rescatada polos socorristas na praia de Esteiro, ao quedar atrapada nunha zona rochosa mentres subía a marea. Tras efectuarse o rescate, a muller resultou ilesa. O aviso da situación da muller recibiuse no 112 Galicia a través de Salvamento Marítimo, uns minutos despois das 14:30 horas deste sábado. A partir de aí, desde o 112 Galicia contactouse cos socorristas da praia das Catedrais, un areal lindeiro, que baixaron das rochas á muller. Tamén, requiriuse a intervención dos axentes da Policía Local.
Rescate en Ribadeo
Rescate en Ribadeo
Relacionado
-
O BNG de Ribadeo pide que Xunta e SERGAS recuperen o servizo de pediatría de xeito permanente
-
ACISA felicita ao Parador por gañar, coas súas tapas salgada e doce, a décimo oitava edición do Ribadeo de Tapeo
-
Gran participación e a afluencia de público nos eventos deportivos celebrados a pasada fin de semana en Ribadeo