Os populares cren que “o goberno da Deputación debería ter actuado xa” e, polo tanto, urxen a mellorar a canalización e drenaxe da vía “de forma inmediata” para evitar que volva inundar a vivenda na época de fortes chuvias
Lugo, 30 de agosto de 2023. “O bigoberno provincial desatende cuestións básicas que prexudican directamente aos veciños da provincia”, segundo considera o voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide. O portavoz comprobou -acompañado pola vicevoceira, Carmen José López, o deputado mariñán José María Fernández e o alcalde de Mondoñedo, Manolo Otero- que “aínda non foron capaces de reparar a canalización de augas pluviais nunha das marxes da estrada provincial LU-P- 3103, a pesar de que a súa rotura provocou a inundación dunha vivenda próxima á Escola de Santa María Maior o pasado 1 de xaneiro”.
Os populares condenan a “deixadez do goberno que preside Tomé que prexudica aos veciños de concellos gobernados polo Partido Popular”. Dende o Grupo Provincial Popular consideran que a canalización se debería ter reparado: “dende xaneiro tiveron tempo dabondo para xestionar esta necesaria actuación que se puido levar a cabo aproveitando a ausencia de choivas no verán”.
Ameijide urxe a dar solución a este problema “de forma inmediata” para evitar que na época de fortes chuvias, cando a canalización ten que soportar grandes volumes de auga do drenaxe da estrada provincial e a auga que recolle toda a superficie da estrada “volva inundar unha vivenda na zona da Escola de Santa María Maior”. Polo tanto, dende o Grupo Provincial Popular piden que a canalización teña capacidade suficiente para conducir o gran caudal de auga que recolle dende as estradas situadas no máis alto e, ademais, que se constrúa un novo tramo evitando que pase por debaixo da vivenda que resultou afectada pola inundación tras romper a canalización poucos metros antes.
Por outra banda, “o parque móbil da Deputación non aparece para nada polas estradas do termo municipal de Mondoñedo” o que os populares consideran “outro exemplo de discriminación aos Concellos con gobernos do Partido Popular”; xa que “aos concellos veciños de Lourenzá e Trabada van con frecuencia”.
MAL ESTADO DAS VÍAS PROVINCIAIS
Os populares tamén advirten da necesidade de reparar o pavimento nesta vía que conecta Lindín coa LU-124 en Santa María Maior, entre este último núcleo e o lugar de Braña. Igualmente, o rexedor local apunta outras deficiencias nas estradas provinciais ao seu paso polo termo municipal de Mondoñedo como é o caso da LU-P-3105 onde “falta por ensanchar un tramo de 400 metros”. E, entre outras vías nas que é conveniente renovar o firme, nomea a LU-P-3108 (Viloalle-Figueiras) que nos últimos tres quilómetros se atopa en moi mal estado, igual que o tramo da LU-P-0211 (Adelán – Figueiras) ao seu paso polo termo municipal mindoniense.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



