O PP ten asumido un discurso nado de determinados voceiros e organizacións sociais do españolismo (Cayetana Alvarez de Toledo, Arcadi Espada, Hablamos Español, Societat Civil Catalana…) que concibe España como unha única nación de cidadáns “libres e iguais” sen consideración ningunha á súa pertenza obxectiva ou referencia subxectiva a outras nacións (catalá, vasca, galega) ou a minorías secularmente discriminadas, como os inmigrantes ou o colectivo LGTBI. Xa que logo, esta construción teórica reflicte un único xeito de exercer a cidadanía sen ter en conta a identidade da persoa cidadá, o que anticipa xa o fracaso desta idea para integrar á sociedade.
Porque a identidade alicerza a cidadanía. Karl Dahrendorff, dende os parámetros do liberalismo progresista e da dimensión social da economía, advertiu da necesidade de que o Estados europeos modernos garantisen non só as liberdades individuais, senón as liberdades da persoa como integrante dunha comunidade cultural e a estricta neutralidade do Estado a respecto de todas elas. Velaí a súa teoría do “Estado nacional heteroxéneo”, perfectamente aplicábel canto á devandita neutralidade do Estado ao Estado plurinacional. E oposto, en calquera caso, ao Estado uninacional, unilingüe e alicerzado no unionismo centralista que propugna o españolismo.
Libres e iguais? As persoas que temos como lingua propia o galego, catalán ou euskera non somos iguais en dereitos a respecto dos que teñen por propia o castelán e non somos libres dabondo para vivirmos en galego, catalán ou euskera na nosa Terra. Porque a Constitución, refugando as solucións democráticas de Bélxica, Canadá, Suiza e Finlandía de oficializar todas as súas linguas, só recoñeceu a oficialidade en todo o territorio do Estado do castelá, minorizando ao galego, catalán e euskera á mera oficialidade en cadanseu territorio autonómico. A xurisprudencia constitucional agravou esta definición impedindo que os Estatutos e leis autonómicas equipararan cadansúas linguas oficiais co castelán canto á súa obriga xeral de coñecemento. Das resultas desta interpretación os empregados públicos da Administración de Xustiza e da Administración do Estado ( incluídas a Axencia Tributaria estatal e máis a Seguridade Social) non teñen a obriga, agás excepcións, de coñecer máis lingua que o castelán. Por outra banda, a xurisprudencia contencioso-ádministrativa refugou en moitas ocasións lexislar obrigas de xeral coñecemento e uso das linguas distintas do castelán no consumo, empresa e contratistas e concesionarios das Administracións. Mesmo o dereito de falar galego, castelán ou euskera no exercicio da actividade laboral ou profesional está ben limitado ou subordinado na práctica, fronte á absoluta normalidade do castelánfalante cando opera en todos estes ámbitos.
Sermos libres e iguais? Só será posíbel garantindo que toda a cidadanía do Estado, tamén á que fala linguas distintas do castelán e refire outras identidades nacionais ou culturais, exerza igual en dereitos aos “españoles y mucho españoles” .























O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.



