Os colectivos iniciarán o seu itinerario dende algunha das dependencias da Deputación, como o Pazo de San Marcos ou o Mazo de Santa Comba, para logo descubrir os principais recursos turísticos de Barreiros, Ribadeo, Xove, Viveiro, Sober, Monforte, O Saviñao, Cervo e O Courel
Lugo, 26 de setembro de 2023. Máis de 170 persoas da provincia de Lugo participan esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación para percorrer e descubrir diferentes recursos turísticos do territorio lucense. Pertencen a oito asociacións e uns coñecerán A Mariña e outros a Ribeira Sacra, segundo o itinerario que cada grupo elixiu para pasar a xornada.
Este martes viaxa a asociación de veciños de Rivasaltas de Monforte de Lemos, que arranca o seu percorrido na produtora do Servizo de Audiovisuais, e, posteriormente, achegaranse aos concellos de Barreiros e Ribadeo, onde pasearán a pé polo paseo marítimo barreirense, visitarán a praia das Catedrais e o núcleo de Rinlo, e rematarán percorrido no casco histórico ribadense. Tamén hoxe, os membros da asociación de veciños cultural e deportiva Os Cincos Ríos, no Corgo, coñecerán o Centro de Interpretación Terras do Miño e logo desprazaranse ata Xove e Viveiro, onde se deterán no faro de Punta Roncadoira, visitarán o monumento natural do Souto da Retorta e o casco histórico de Viveiro.
Mañá mércores será a quenda da asociación Pasada das Cabras, de Burela, que visitará o Pazo de San Marcos e posteriormente porá rumbo a Sober e Monforte de Lemos, onde farán un percorrido en catamarán polos canóns do Sil. Tamén viaxará este día a asociación de veciños de San Esteban de la Mota, de Guntín, que emprenderá o seu itinerario dende a produtora do Servizo de Audiovisuais e continuará ata O Saviñao, con visita ao Ecomuseo de Arxeriz, ao miradoiro do Cabo do Mundo II en San Lourenzo de Fión e fará un percorrido en catamarán polo Miño dende Belesar pobo.
O xoves participará un grupo de Guitiriz, a asociación cultural e deportiva dos Vilares, que fará a primeira parada no Mazo de Santa Comba e despois irá ata Sober e Monforte de Lemos, con percorrido en catamarán incluído. Nesta mesma xornada a veciñanza de Castro de Ribeiras de Lea coñecerá o Pazo de San Marcos e despois descubrirá os principais atractivos do concello do Saviñao.
O venres será a quenda de dous grupos de Riotorto. A asociación coro parroquial iniciará o seu itinerario na Granxa Gayoso Castro e logo desprazarase ata Cervo. Alí visitará a fábrica de Sargadelos, a vila de San Cibrao e o Museo do Mar. O segundo grupo de Riotorto é a asociación de veciños e veciñas de Santa Comba de Órrea, que elixiu descubrir primeiro o Mazo de Santa Comba e despois viaxará ata O Courel.
O programa Coñece a túa provincia inclúe de balde o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese das comarcas lucenses. Estas visitas realízanas profesionais que teñen a habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



