Os feitos tiveron lugar ás 23.00 horas do pasado día 11, cando se identificou un vehículo nas inmediacións do polígono de Morás, Xove, o cal portaba varias garrafas de gasoil que podía estar a ser utilizado para o furto de combustible na maquinaria pesada que se atopaba estacionada nas inmediacións. Minutos máis tarde localizouse no interior do remolque dun camión que se atopaba fóra da zona iluminada, en posición de decúbito prono á persoa investigada e condutora do turismo.