Ribadeo, 11 de outubro de 2023. A Pancha, a moeda de Ribadeo, entrará en circulación o vindeiro domingo, 15 de outubro. Máis de 100 negocios locais participan na quinta edición desta campaña, segundo os datos ofrecidos hoxe polo alcalde, Dani Vega.
O rexedor dixo que “dende este domingo, 15 de outubro, e ata o 31 de decembro un total de 200.000 Panchas estarán dispoñibles para que todos os consumidores merquen e consuman en máis de 100 establecementos de comercio e de hostalería do noso Ribadeo”.
Vega lembrou que “coma en edicións anteriores, a compra e uso da moeda é mediante o Panchapeto, o moedeiro dixital habilitado para a campaña. O moedeiro adquírese a través da web www.pancharibadeo.gal, onde tamén poden atopar toda a información referente a esta campaña”.
O alcalde ribadense sinalou que “as características da campaña mantéñense, polo que por cada 30 euros obteranse 40 Panchas para consumir nos establecementos adheridos e cada persoa poderá adquirir un máximo de 400 Panchas. Mantense tamén o límite de 130 Panchas para gastar en cada compra nos establecementos, a partir desa cantidade deberá aboarse en euros a diferenza”.
Dani Vega subliñou que “este ano o Concello inviste 80.000 euros na campaña da Pancha reforzado así a estrutura económica e social de Ribadeo. Estamos analizando o que pode ter de retorno como impacto económico e estamos facendo unha valoración aproximada que pode superar o medio millón de euros. É unha cantidade importante e unha maneira de apoiar e reforzar o comercio local”.
O rexedor tivo palabras de agradecemento para Acisa e para a Xunta: “quérolle agradecer a Acisa a súa colaboración, o seu traballo conxunto e desde logo imos seguir nesa liña. Tamén agradecerlle á Xunta de Galicia, que colabora economicamente coa Pancha, axúdanos con esta inversión que faremos de 80.000 euros, o que para o Concello tamén lle da un osíxeno orzamentario. Toda esta colaboración, todo este traballo ten un reforzo á estrutura económica local, ten un reforzo a cada local e un apoio individual a cada persoa, porque cada compra que faga nos vindeiros días terá un apoio da institución: do Concello e da Xunta”.
Vega engadiu que “a Pancha dálle un novo impulso aos negocios de Ribadeo, invístese máis ca nunca para reforzar a economía local e nesa liña é na que imos seguir: na colaboración, no apoio á estrutura económica, no apoio ao pequeno comercio e sen lugar a dúbidas entre todos faremos máis grande o Ribadeo que queremos todos”.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



