Ribadeo, 31 de outubro, 2023. Este martes clausurouse en Ribadeo unha nova edición da “Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, un evento que impulsa desde hai anos a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo para reflexionar sobre temas de interese das frotas artesanais, analizar a súa situación actual e os principais retos de futuro.
O conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares; a secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime; o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega; e o presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo e da Federación Nacional de Confrarías, José Basilio Otero, presidiron o acto de clausura do Congreso de Pesca Artesanal do Cantábrico-Noroeste, no que presentaron un resumo das conclusións e acordos alcanzados entre o sector pesqueiro e as administracións.
Previamente, este martes pola mañá levouse a cabo unha reunión de traballo conxunta entre representantes das confrarías e das administracións pesqueiras, tanto de España como das comunidades autónomas do Cantábrico. Durante máis de tres horas os representantes do sector expuxeron ás administracións as principais conclusións derivadas da primeira xornada da Interfedrativa, que se celebrou o luns pola tarde, e na que participaron representantes das Federacións de Confrarías de Guipúzkoa, Bizkaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra, así como a Federación Galega de Confrarías.
O presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo, José Basilio Otero, compartiu as conclusións que se debateron na Interfederativa do luns e que se acababan de presentar ás representantes da administración.
Este ano entre os principais temas tratados non podían faltar os espazos vulnerables mariños e a eólica mariña, ademais do atún vermello, o novo RD de Mariña Mercante, o novo Regulamento de ordenación de navegación marítima, o Regulamento de Control, a potencia dos motores, o equilibrio e desequilibrio da frota, a situación do rasco, as denominacións de anchoa e bonito do norte, a baixada do IVE do peixe e a fraude na comercialización de imitacións de produtos pesqueiros, o ditame do bonito no CCSUR, os cetáceos e a responsabilidade dos envases de plástico.
En representación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime felicitou á organización por celebrar este tipo de reunións, consolidadas xa como un referente dentro do sector. A secretaria xeral de pesca tamén se felicitou pola boa sintonía entre todos os sectores que forman parte da pesca, asegurando que “estamos todos no mesmo barco”.
Pola súa banda, Alfonso Villares volveu poñer en valor a importancia crave da pesca galega dentro de España e de Europa. O conselleiro do Mar da Xunta de Galicia declarou que “necesitamos pescar máis”, e a pesar das dificultades normativas, hai que saír adiante coa unión e apoio de todos os que forman o sector, xa que son moitas as familas que viven da pesca e pola pesca.
O peche de clausura correu a cargo do alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, que destacou a localización de Ribadeo como punto ideal para debater acerca de temas de interese da pesca de Galicia e do resto do Cantábrico. O rexedor saudou a todos os visitantes animándoos a coñecer Ribadeo e exercer de embaixadores da vila ribadense alá por onde vaian.
O encontro, que tivo lugar no Parador de Ribadeo o 30 e 31 de outubro, contou tamén coa asistencia doutros representantes das administracións central e autonómicas, como a directora xeral de Pesca Sostible, Mónica Corrales; a subdirectora xeral de Sustentabilidade Económica e Asuntos Sociais, Silvia Solís; o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Antonio Basanta; o director xeral de Pesca Marítima do Principado de Asturias, Francisco González Rodríguez; o director de Pesca e Alimentación de Cantabria, Paulino San Emeterio; e o director de Pesca e Acuicultura do País Vasco, Leandro Azcue Múgica.
Tamén estiveron presentes o director xeral de Mariña Mercante, Benito Núñez Quintanilla; a subdirectora xeral de Seguridade, Contaminación e Inspección Marítima, Ana Nuñez Velasco; e a directora do ISM, Elena Martínez Carqués.
No acto de clausura uníronse os representantes das organizacións de pesca de Lugo, Armadores de Burela, Porto de Celeiro, OPP-7 do Porto de Burela e OPP-77; e outras entidades pesqueiras e económicas de ámbito local.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



