Os participantes contarán con bolsas e axudas para formarse no ámbito sociosanitario, administrativo ou na dinamización de actividades de tempo libre
Burela, 4 de outubro de 2023. O Concello de Burela acollerá nos vindeiros meses tres cursos dirixidos a persoas desempregadas. As formacións capacitarán ás persoas participantes para incorporarse ao ámbito laboral en sectores como a atención sociosanitaria, os servizos administrativos ou as actividades de tempo libre. O alumnado terá acceso a un conxunto de bolsas e axudas para completar a formación.
“Estes cursos son unha oportunidade para mellorar a inserción laboral da cidadanía de Burela. Os participantes non só acreditarán novas competencias, senón que tamén poderán realizar un período de prácticas en empresas”, sinala a alcaldesa de Burela, Carmela López.
Deste modo, o Concello de Burela acollerá as seguintes formacións:
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións socias. Cunha carga lectiva de 468 horas, a formación iniciarase en novembro de 2023 e será necesario contar co título de E.S.O. ou un equivalente.
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais. Cunha carga lectiva de 448 horas, a formación iniciarase en novembro de 2023 e non conta con requisitos académicos de acceso.
Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil. Cunha carga lectiva de 328 horas, a formación iniciarase en 2024 e será necesario contar co título de E.S.O. ou equivalente.
Os cursos, que se impartirán no Centro de Formación Ocupacional do Concello, enmárcanse no plan formativo para o emprego da comunidade autónoma de Galicia. Estas formacións permitirán ao alumnado obter o certificado de profesionalidade co que acreditar as súas competencias no ámbito laboral.
As persoas interesadas poden informarse no Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela, situado no número 137 da avenida Arcadio Pardiñas, no teléfono 982580624 ou no e-mail cfo@burela.org.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



