A central nacionalista volca a súa solidariedade coa folga das traballadoras, exemplo de resposta na negociacion colectiva e de loita feminista
Lugo, 8 de novembro de 2023. No día que se cumpren 24 xornadas de folga, a CIG trasladou o seu apoio incondicional á loita das traballadoras da limpeza de Lugo e anunciou que intensificará o conflito porque “é de xustiza”. Nun sector ademais altamente feminizado, con condicións de miseria e que ten enfronte a unha patronal estatal que impón atrancos ao avance da negociación colectiva, a CIG, como sindicato de clase e feminista traballará para estender e ampliar o conflito até lograr un convenio digno.
“A loita das traballadoras da limpeza é a loita de toda a central sindical. Pero tamén é unha maneira de reivindicar a loita das mulleres, que non se cingue só a dúas datas no ano”, afirmou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, quen compareceu esta mañá en rolda de prensa acompañado do secretario comarcal da CIG de Lugo-A Mariña, Antonio Niño, e de Asunción Castiñeira, representante da CIG-Servizos no sector.
Con este obxectivo, e como primeira acción de apoio, Carril explicou que o próximo 22 de novembro trasladarase a Lugo o Encontro Nacional de Mulleres da CIG que estaba previsto celebrar en Santiago de Compostela. Nesta xuntanza abordarase a campaña e as accións do sindicato arredor do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. “Ter un sector como o da limpeza, onde o 95% son mulleres, cuns altos índices de precariedade e parcialidade e baixos salarios, tamén é violencia”, afirmou.
Denunciou a “hipocrisía e o cinismo” de patronais e das administracións que “farán chamados nesa data a combater a violencia machista, mentres permiten que na provincia de Lugo as traballadoras da limpeza estean nunha situación de indignidade nas súas condicións e á que lle queremos poñer fin na loita deste convenio colectivo”.
Xunto a isto, a CIG promoverá pronunciamentos de comités de empresas de toda a provincia e de todos os sectores en apoio e solidariedade á loita da limpeza, e traballará a prol da convocatoria dunha xornada de folga no conxunto do sector da limpeza, incluíndo aquelas empresas que teñen convenio propio, como a universidade ou o SERGAS. “Hai unha necesidade de ampliar o conflito para dignificar as condicións de traballo nesta actividade, sexa naqueles centros regulados polo convenio de limpeza de edificios e locais ou naqueles con marco regulador propio, pero que teñen no convenio provincial a súa referencia”.
Negociacións abertas en Ourense e Pontevedra
O secretario xeral referiu que en Ourense e Pontevedra tamén están abertas as negociacións do convenio sectorial e na provincia da Coruña, o convenio remata este 2023 e toca facer a revisión da cláusula salarial pactada. Todos este convenios teñen o “fío condutor común” da patronal estatal, ASPEL, que agrupa as maiores compañías do sector como Acciona, Clece, Eulen, FCC, Ingesan, Lacera, Onet, Serveo ou Sacyr. Multinacionais “que acumulan millonarios beneficios e que están impedindo a través de ASPEL que as negociacións se poidan desenvolver con normalidade e coa dignificación salarial necesaria nun momento tan grave de carestía da vida”.
Advertiu que as posturas “indecentes” desta patronal madrileña nas mesas de negociación poden derivar nunha extensión do conflito e que a folga que se está vivindo agora en Lugo teña réplica en Ourense e Pontevedra. Provincias nas que que as traballadoras xa iniciaron mobilizacións por unhas condicións xustas.
A patronal galega, desaparecida
Nesta liña, Paulo Carril interpelou a patronal galega do sector e a CEL preguntándolles se van seguir permitindo que dende Madrid e dende as grandes empresas “sigan causando esta grave situación. A pasividade na resposta desta folga por parte de ASPEL, que demorou até o día 10 a reunión da comisión negociadora é unha proba”.
Criticou os millonarios beneficios destas empresas, que se fixeron coas adxudicacións máis importantes dos contratos públicos ante o desleixo das administracións, desprazando as empresas galegas e consolidando condicións de miseria para as traballadoras. Sobre este punto, Asunción Castiñeira, lembrou que as traballadoras levan 24 días en folga e na rúa para reclamar un convenio “simplemente digno, confrontando unhas empresas que cada día se fan máis ricas a custa do lombo das traballadoras”.
Por iso, reclamoulle á patronal que na reunión do día 10 apareza “cunha proposta seria e con vontade de negociar, porque a estas alturas do conflito o persoal non está para parvadas. A parte social trasladou a súa última plataforma o 27 de xuño e non ten marxe de manobra, non imos rebaixar as nosas reivindicacións”, advertiu.
Neste contexto, a CIG considera “inconcibíbel” que as administracións públicas “calen e non actúen” ante as pretensións de manter unhas táboas por debaixo do SMI, nun sector feminizado, no que a parcialidade e os baixos soldos son evidentes. “Hai traballadoras, salientou Castiñeira, que para poder acadar unha xornada de 30 horas teñen que recorrer até cinco centros diferentes, e dentro do convenio, as categorías máis altas están ocupadas polos homes”. Por iso, aseverou Carril, “o obxectivo deste convenio non é acadar o que a lei xa obriga”.
“Non imos consentir que se invada e se impida a negociación colectiva no noso país, neste caso en Lugo, con actuacións de empresas madrileñas que constituídas en patronal están provocando este conflito”. A este respecto referiusea impugnación que a patronal estatal da construción fixo contra o convenio colectivo de Pontevedra, asinado pola patronal provincial e CIG. “Un auténtico golpe de estado contra os dereitos dos traballadores e as traballadoras da construción de Pontevedra”.
Finalmente, o secretario xeral denunciou que a determinados sectores empresariais “se lles encha a boca falando de inseguridade xurídica”, cando a clase traballadora “temos unha falta de garantía dos nosos dereitos ante situacións de patronais que non respectan o que se asina ou que veñen de fóra a provocar situacións de conflito pola súa usura”. Por iso, concluíu, “imos traballar e non cesaremos até conseguir ese convenio digno para as traballadoras da limpeza de Lugo”.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



