Burela, 14 de novembro de 2023. A Xunta de Persoal do Distrito Sanitario da Mariña convoca unha concentración para todas as categorías profesionais “Polas melloras laborais dos profesionais”, demandando unha serie de medidas xerais e outras específicas para A Mariña.
MEDIDAS PARA A MARIÑA
1. Mellora na dotación de material de traballo nas plantas de hospitalización (insuficiente e obsoleto).
2. Dereito a roupa e calzado de traballo suficiente.
3. Dereito a taquillas.
4. Dereito a servizo de lavandería para todos.
5. Mellorar o cociente persoal-doente.
6. Non ó peche de camas no verán.
7. Carteleiras axustadas desde Xaneiro á xornada anual exixible.
8. Melloras na contratación temporal:
-Transparencia nos chamamentos.
-Contratos con carteleira para favorecer a conciliación.
-Ocupar o oco para o que me contratan.
MEDIDAS XERAIS
1. Recuperación do 100% da paga extra.
2. Recuperación dos 3 lds perdidos.
3. Carreira profesional co grao correspondente ao tempo traballado.
4. Reclasificación de grupo profesional para todas as categorías.
5. Exención de noites a partir dos 55 anos sen perda retributiva.
6. Xubilación anticipada aos 60 anos.
7. Recoñecemento do solape de xornada.
8. Equiparación da xornada complementaria por categoría non por destino.
O órgano de representación das traballadoras e traballadores fai un chamamento a participar este xoves 16 de novembro ás 11:30 horas na entrada principal do Hospital Público da Mariña.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.


