Rosana Pérez considera “ inexplicable” que Galiza non contase antes cun órgano no que ciencia e sector traballen da man a prol da xestión sustentábel
Santiago de Compostela, 28 de novembro, 2023. A deputada do BNG Rosana Pérez interesouse este martes na Comisión de Pesca do Parlamento polos traballos que está a desenvolver Redemar para poñerlle freo á perda de produtividade que afecta ás rías galegas e da que, dixo, o sector do mar leva anos denunciando sen que a Consellería do Mar lle fixese fronte ao problema con dilixencia.
Na formulación dunha pregunta á directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, a deputada nacionalista subliñou a necesidade de dispor de “accións e actuacións investigadoras” que boten luz sobre as causas que están a provocar unha “continua e, nestes momentos moi preocupante xa, perda de produción das rías galegas”. É por iso que salientou a oportunidade de contar cun órgano que fomente o intercambio de coñecementos entre o sector pesqueiro, os organismos científicos e a propia Administración.
Porén, Pérez Fernández considerou “sorprendente e inexplicábel” que Galiza, onde o sector pesqueiro, marisqueiro e acuicultor ten un importantísimo peso económico, social e laboral, non tivese até o de agora un órgano como Redemar. “Á vista dos resultados, dá a impresión de que a Consellería do Mar estivo preto de 14 anos pouco menos que asubiando, descoidando un sector absolutamente fulcral no noso país, do que viven comarcas enteiras da nosa costa”, asegurou. “As nosas rías son riquísimas, pero como todos os recursos naturais, había que telas empezado a coidar moito antes”, dixo.
Destacou, neste sentido, que na nosa contorna hai países menos ricos e moitos menos dependentes da pesca que Galiza mais hai décadas que contan con instrumentos deste tipo “porque foron sabedores de que os recursos son limitados e que se necesita unha xestión regulada e sostíbel para poder mantelos e para permitir non só que miles de persoas como é o no noso caso, poidan vivir deles senón para que medren ao longo do tempo”.
“Imos tarde e a tendencia é xustamente a contraria, unha tendencia á baixa que xa provocou que Galiza comece a deixar de ser un referente e principal distribuidora no Estado de recursos marisqueiros”, advertiu a deputada do BNG.
Salientou, por outra banda, que é fundamental que Redemar conte cos recursos suficientes, “sen escatimar”, para que os seus obxectivos “non queden, como tantas das promesas da Consellería, nunha simple declaración de intencións e se convertan en papel mollado” .





















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



