O proxecto non conta con avaliación de impacto ambiental e minusvalora ou obvia a elevada biodiversidade presente na zona
Vilalba, 14 de Decembro 2023. A solicitude do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas, o Consello Científico do Comité Español do Programa MaB realizou un “Informe Puntual relativo á incidencia dun proxecto de explotación mineira na Reserva da Biosfera de Terras do Miño (Proxecto Mineiro San Acisclo, Muras, Lugo)” no que se constatan varia irregularidades, como dende o SLG-CCLL temos denunciado reiteradamente.
Entre elas, destaca pola súa gravidade a confirmación de que non hai constancia de que o “Proxecto de explotación: CE ampliación a San Acisclo e plan de restauración CE ampliación a San Acisclo” fose sometido a un proceso de avaliación de impacto ambiental, a pesares de que, como recalca este órgano, o proxecto inclúe unha área de afección de 61.215m2 nunha zona tampón dunha Reserva de Biosfera.
Segundo a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE296, 11/12/2013), abonda o Comité Científico, ao afectar a unha Reserva de Biosfera (áreas protexidas por instrumentos internacionais), o Proxecto de explotación: CE ampliación a San Acisclo e plan de restauración CE ampliación a San Acisclo, que explota recursos da sección C, debería ser sometido a unha avaliación ambiental ordinaria.
Resulta revelador que, en primeiro lugar, o Consello Científico dea inicio ao seu informe aclarando que a Comunidade Autónoma de Galicia non remitiu ningunha información á Secretaria do Comité MAB, advertindo de que esta é unha situación “que resulta común coa acontecida noutros expedientes, xerándose unha situación anómala que afecta o proceso de avaliación das incidencias nas Reservas de Biosfera de Galicia”.
Esta afirmación concorda cas alertas emitidas dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas, nas que chamamos a atención sobre o feito de que a conivencia da Xunta de Galicia con determinadas empresas explotadoras de recursos naturais a miúdo concrétase nun abandono de responsabilidades e deixadez de funcións cas que a administración galega está a facilitar a este tipo de actividades extractivas, non só mineiras, senón tamén de xeito diferenciado no relativo aos polígonos industriais eólicos.
Este abandono estratéxico de responsabilidades para favorecer oportunidades de negocio de empresas privadas por riba das normativas medioambientais que protexen á poboación rural e os ecosistemas concrétase no caso da mina de San Acisclo en cuestións identificadas claramente no informe emitido polo Comité MAB, tales como a confirmación de que o proxecto presentado polo promotor -e aceptado pola Xunta de Galicia- “mostra importantes deficiencias na caracterización e valoración dos compoñentes naturais, como na valoración das repercusións que se derivarían da execución do proxecto”, resultando tamén “moi deficiente” o Plan de Restauración presentado.
Ademais, este proxecto de explotación mineira sitúase integramente nunha zona tampón que rodea a zona núcleo (ZEC Serra do Xistral), reivindicada polo Consello Científico como “unha zona de elevada biodiversidade”, caracterizada pola presenza de distintos hábitats de interese comunitario -que este órgano advirte “non se mencionan no documento presentado polo promotor”-, así como de especies de flora e fauna endémica, rara ou ameazada que figuran en distintas normativas de protección ambiental, concluíndo que esta realidade foi minusvalorada “ou simplemente óbvianse” no documento técnico.
Á lista de irregularidades que rodean a mina de San Acisclo, o Comité Español do Programa MaB engade tamén que “a información sobre áreas protexidas está exposta sobre normativa xa caducada (Lei 9/2001 de conservación da natureza de Galicia) e con consideracións excesivamente particulares”, fronte ás que argumenta que, en calquera caso, a inclusión dun territorio dentro da Rede de Reservas da Biosfera de Galicia creada mediante el Decreto 95/2017 “non constitúe causa de exclusión no mesmo de usos e actividades de tipo mineiro, enerxético (parques eólicos, liñas eléctricas, instalacións e infraestruturas asociadas, etc.), de obra civil e construción, etc.”.
A tenor do informe realizado a instancias do SLG-CCLL, o Consello Científico do Comité Español do Programa MaB emitiu as seguintes consideracións:
1.- Non se puido confirmar que a actividade que orixina a emisión do presente informe e concretamente o “Proxecto de explotación C.E. Ampliación a San Acisclo. Muras (Lugo). Julio de 2020 [Feldespatos]”, fose sometido a un procedemento de avaliación acorde coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, feito xa resaltado no informe emitido polo Órgano Xestor da Reserva de Biosfera.
2.- O contido do proxecto: “Proxecto de explotación C.E. Ampliación a San Acisclo. Muras (Lugo). Julio de 2020 [Feldespatos]”, mostra importantes deficiencias en relación coa caracterización e valoración dos compoñentes naturais que inciden na valoración das posibles afeccións. A valoración dos posibles impactos derivados dun proxecto mineiro debería realizarse sobre datos obxectivos e contrastables, así como cunha metodoloxía de avaliación adecuada. As apreciacións e valoracións persoais teñen pouco rigor, máis aínda cando entran en contradición cos datos publicados no ámbito científico.
3.- O plan de restauración debería reformularse completamente e adaptarse aos criterios fixados na Estratexia Nacional de infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas, e no borrador da Estratexia Galega en proceso de aprobación.
Estas conclusións van na liña tamén da resolución do Tribunal Superior de Xustifica de Galicia, que con data do 15/06/2023 acordou acoller a pretensión da asociación Petón do Lobo de suspender de forma inmediata e incondicionada a execución da resolución da Xunta, do 19 de decembro de 2022, na que aprobou o proxecto de explotación e o plan de restauración da concesión de explotación de recursos da sección C da mina situada no termo municipal de Muras.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



