O Grupo Municipal Popular solicitou no último pleno “a reunión da Mesa de Seguridade Local para analizar a situación e tratar de aportar solucións ante a problemática que se está a vivir ultimamente en Burela, pero, polo de agora, a alcaldesa non se preocupou por responder a esta proposta”
Burela, 14 de decembro de 2023. O Grupo Municipal Popular insiste en solicitar ao goberno local incorporar os efectivos para cubrir a totalidade da plantilla da Policía Local que en Burela podería ser de 10 efectivos.
Así o manifestan os concelleiros populares tras “as congratulacións da alcaldesa por contar con dous axentes máis na nosa vila”; algo que “dende o PP levamos demandando ao longo do mandato anterior e que, por fin, despois de moito insistir se leva a cabo”. Nese sentido, trasladan a súa benvida aos axentes que pasarán a prestar servizo na nosa vila.
Con todo, os populares lembran que “a pesar de que se anunciou unha praza de oficial de Policía Local máis, a plantilla contará co mesmo número de efectivos (8) porque, ao tratarse dunha praza de promoción interna, un dos axentes que xa prestan servizo na actualidade pasaría a ser oficial”.
Os populares sinalan que “non sabemos cando se cubrirán as prazas vacantes que son moi necesarias para crear a quenda de noite coa que ofrecer aos veciños a seguridade que demandan”.
MESA DE SEGURIDADE LOCAL
Precisamente, interesados por mellorar a seguridade en Burela, os concelleiros do PP solicitaron no último pleno da corporación que “a alcaldesa convoque canto antes a Mesa de Seguridade Local coa participación dos distintos grupos da corporación municipal para analizar a problemática que se está a vivir ultimamente en Burela e tratar de aportar posibles solucións”. Pero, polo de agora, “a alcaldesa non deu resposta á nosa proposta, o que nos fai pensar que non lle preocupa o asunto”.

























Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



