A alcaldesa María Loureiro calificou o balance de “satisfactorio, pois demostra tanto o interese da cidadanía viveirense pola cultura como o apoio e a dinamización da mesma levada a cabo polo Concello”
Viveiro, 9 de xaneiro de 2024. A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Viveiro rematou o pasado ano 2023 con 165 usuarios e usuarias novas, 41 deles nenos e nenas, levando a cifra total a 2.316.
Ademais, 380 novos exemplares foron incorporados ao fondo da biblioteca, que conta xa con 19.825 elementos ademais dos 1.200 números de xornais e revistas. En total, ao longo do ano realizáronse 5.432 préstamos e 3.149 renovacións de ditos fondos, levando a cifra total a 8.581.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro considera que o balance da actividade da biblioteca é “moi satisfactorio, pois demostra tanto o grande interese da cidadanía viveirense pola cultura como o apoio e a dinamización da mesma levada a cabo polo Concello”.
Entre os libros máis prestados pola Biblioteca Pública Municipal o pasado ano atopamos a ‘La esperanza de Sofía’ de Corina Bomann, ‘El libro del sepulturero’ de Oliver Pötzsch e ‘Una tumba entre las rocas’ de Elly Griffiths.
Ademais, no pasado 2023, a Biblioteca Pública viveirense organizou e albergou numerosas actividades culturais de diverso tipo, que foron dende celebracións de efemérides sinaladas, visitas ou exposicións ata espectáculos musicais ou entregas de premios.