Alfonso Villares reuniuse coa Comisión mar industria da CEG para informar sobre o cambio normativo que xa está en vigor a través da Lei de medidas e que “reforzará a actividade económica e seguridade xurídica” das empresas asentadas nos peiraos galegos
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2024. A Xunta de Galicia vén de modificar a Lei de portos para permitir ampliar os prazos de vixencia das concesións asentadas en terreos portuarios de titularidade autonómica, chegando ata os 75 anos no caso das empresas con actividade estratéxica para os portos. Este cambio normativo artellado a través da Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos para 2025 foi trasladado esta mañá polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, á Confederación de Empresarios de Galicia, como principais beneficiarios potenciais da medida.
Villares, que estivo acompañado polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, explicou que á Comisión mar industria da CEG que o obxectivo principal da nova regulación, que unha vez aprobada, entraría en vigor o 1 de xaneiro de 2025, é “reforzar a actividade económica dos nosos portos e a seguridade xurídica dos concesionarios” que se asentan neles. Para elo, a nova normativa simplifica a regulacións das prórrogas das concesións en dominio público dos portos galegos e amplía os seus prazos de vixencia no caso de que se afronten investimentos de importancia.
Tal como explicou o conselleiro, o cambio normativo permitirá, en primeiro lugar, que as concesións que teñen unha relevancia estratéxica para a actividade do porto poidan ampliar o seu prazo máximo de vixencia de 50 a 75 anos sempre que apoien esta ampliación cun investimento ou achega económica proporcionada, cun mínimo de 500.000 euros. En segundo lugar posibilitará ao global das concesionarias portuarias ampliar os seus prazos de prórroga ata un 50% máis do prazo inicial, respectando en todo caso o tope máximo de 50 anos.
Esta medida redundará no incentivo á actividade económica que se desenvolve nos portos de Galicia por parte das empresas titulares de concesións administrativas que contarán con maiores garantías para os seus investimentos. Ademais, deste xeito, acompásase a normativa autonómica e a estatal para evitar que a lei galega puidese ser máis restritiva que a española.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



